Parada a parada
A túa viaxe ata conseguir organizar a xornada terá as seguintes paradas:
Recordarás o que sabes xa sobre xogos tradicionais e danzas e bailes de diferentes lugares.- Descubrirás e practicarás xogos e bailes de Galicia, España e o mundo.
- Analizarás a multiculturalidade que existe na túa escola: cantos países conviven, curiosidades dos mesmos etc.
- Escollerás e organizarás os xogos tradicionais que formarán parte da xornada multicultural.
- Bailarás unha peza que mesturará diferentes tipos de danzas populares para realizala na xornada.
- Levarás a cabo a xornada multicultural no teu colexio.
- Avaliarás e reflexionarás sobre todo o que aprendiches na viaxe.