A nosa ecoauditoría: o semáforo
Agora que xa estades aquí, é de imaxinar que xa terás moitísima información para poder xustificar se o voso centro é sostible, verdade? Para demostralo, agora compartiredes a información recollida durante a pasada semana e trataredes de chegar a conclusións.

Para facer a posta en común, seguiredes os seguintes pasos:
1. Cada equipo exporedes os datos recollidos.
2. Teredes 3 minutos de reflexión despois de escoitar a cada equipo para sacar conclusións nos grupos.
3. Un compoñente de cada equipo compartirá a reflexión.
4. Cando acaben todos os equipos, responderedes ás seguintes preguntas:
- Que facemos ben?
- Que debemos mellorar?
5. Recolleredes as propostas de mellora.
6. Cada equipo escollerá unha das propostas de mellora para facer o seu produto para a campaña de concienciación.
Audio
Faino aquí
Organiza as reflexións:
Podes descargar a ficha e cubrila. Lembra gardala ao remate. Consulta co profesorado o xeito de cubrila.
- Versión de "O semáforo" para imprimir.
- Versión de "O semáforo" para cubrir no ordenador (máis sostible).
