Os climas de Galicia
Como recordarás, Galicia ten un clima oceánico, caracterizado por temperaturas suaves e choivas abundantes. Aínda así, dependendo da proximidade ó mar e do relevo pode haber variedade.
Oceánico costeiro

-
É o clima característico da costa galega.
As temperaturas son máis agradables que no interior, grazas á influencia do mar.
Os veráns son máis cálidos ao avanzar cara ao sur.
As chuvias son copiosas durante todo o ano.
O verán do sur é máis quente que o do norte.
Oceánico interior

-
Neste clima os veráns son quentes e os invernos fríos.
É habitual que haxa xeadas.
No inverno, as choivas poden presentarse como neve.
Oceánico mediterráneo

-
Esta variante do clima ocorre nos vales dos ríos Miño e Sil.
As súas temperaturas son baixas no inverno e elevadas no verán.
As precipitacións son inferiores ás do resto de Galicia.
Oceánico de montaña

-
As montañas galegas destacan por ter este tipo de clima.
No inverno as temperaturas son baixas e os veráns temperados.
En canto as precipitacións, son moi abundantes durante todo o ano, menos nos meses de verán.
É común que durante o inverno haxa neve.