Saltar navegación

5. Salvemos o planeta

Xa chegamos ó final

Fixeches un longo percorrido ata chegar aquí. É momento de poñer a vista atrás e observar todo o aprendido:

Paisaxe en O Courel

- Recordaches o que xa sabías dos climas e ademais agora xa coñeces os diferentes climas de España. As súas diferencias fan do país un lugar diverso e fermoso.

- Analizaches gráficos como os climogramas, estas representacións son moi útiles para poder ver cambios nos datos climáticos.

- O cambio climático é real e os científicos teñen probas: se algo no quedou claro e que os cambios son reais e que están tendo lugar.

- A forma de movernos afecta ó planeta. Agora que o sabes, serás máis consciente.

- Décheste conta de que podes implicar á escola e para iso fixeches unha ecoauditoría e planificaches a campaña de concienciación.

O cambio climático é un reto importante, pero con pequenas accións podes facer moito. Agora xa sabes que os teus hábitos teñen impacto... Que cambios vas facer na túa vida diaria?

Resumo visual do camiño percorrido

Esquema REA

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)