Saltar navegación

1.2. Como logramos o reto?

 

Glosario

Acción de concienciación

Debuxo de persoas manifestándose no día do autismo

Definición:

É unha actividade que realizamos para que o resto de persoas se den conta de algo importante e lles mostremos maneiras de cambialo ou melloralo.

Exemplo:

A exposición para pedir melloras para o cambio climático ensinoulle a meu irmán a importancia de reciclar.

Ecoauditoría

Vista dunha ecoauditoria feita nunha escola

Definición:

Revisión que podemos facer para axudarnos a ver como coidamos o medio ambiente. Pode facerse na escola, na casa e noutros sitios.

Exemplo:

Despois de facer a ecoauditoría na nosa casa, démonos conta de que deixabamos as luces acendidas moito tempo.

Un pequeno xesto, grandes cambios

Cambio climáticoO voso reto final será elaborar unha campaña de concienciación sobre o cambio climático. Para iso ides a:

- Coñecer a importancia de coidar o planeta.

- Aprender a observar datos e entendelos para tomar boas decisións.

- Crear campañas que inflúan nos demais.

- Descubrir como funciona o clima e que cambios están a acontecer.

- Comprender como desprazarse sen facer dano á natureza.

Reflexiona: o que sei e que quero saber?

Antes de arrancar neste camiño cara unha vida máis sostible cubre estes cadros:

  • O que sei: reflexiona sobre o que sabes sobre o cambio climático e a importancia das campañas de concienciación.
  • O que quero saber: Pensa nas preguntas que tes sobre como funciona o cambio climático e como podemos contribuír á frealo.

O terceiro cadro deixámolo para cubrir ao final do noso camiño.

  • O que aprendín: Cando chegues ao final do camiño completa esta sección para ver que aprendiches.

Podes descargar a ficha e cubrila. Lembra gardala ao remate. Consulta co profesorado o xeito de cubrila.

  • Versión de "O camiño para salvar o planeta" accede ao documento premendo en imprimir
  • Versión de "O camiño para salvar o planeta" accede ao documento premendo en cubrir no ordenador (máis sostible).

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Antes de comezar convídote a pasar polo teu diario de aprendizaxe.

Este diario vaite acompañar ao longo de todas as fases e che irá mostrando todo o que vas conseguindo de cara a completar o reto.

Sigue sempre as instrucións para cubrilo porque ás veces hai que cubrilo en grupo pero outras é individual.

Adiante! A comezar!

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)