Glosario
AEMET
-
Definición:
-
É un departamento do Goberno de España que se encarga de estudar o clima, de facer predicións e de dar información sobre o tempo. O Goberno de Galicia ten tamén o seu propio departamento que se chama MeteoGalicia.
-
Exemplo:
-
A AEMET anunciou unha subida moi grande de temperatura en toda España nos próximos 10 anos debido a acumulación de gases na atmosfera.
CO2
-
Definición:
-
É o símbolo químico dun dos gases de efecto invernadoiro máis coñecidos, O dióxido de carbono. Prodúcese por cousas tan habituais como queimar carbón nunha fábrica ou mesmo cando usamos a gasolina nos nosos coches
-
Exemplo:
-
Se usamos o coche a menos velocidade producimos menos CO2.
Enerxías renovables
-
Definición:
-
Son aquelas fontes de enerxía naturais e que non se esgotan. Algúns exemplos son a enerxía solar, a enerxía hidráulica e a enerxía eólica. O sol, a auga e o aire poden dar enerxía de maneira continua sen esgotarse e axudando a reducir a contaminación.
-
Exemplo:
-
Canta máis enerxías renovables empreguemos, máis axudaremos a frear o cambio climático.
Gases de efecto invernadoiro
-
Definición:
-
Son gases que hai na atmosfera que atrapan a calor do sol. Se o número de eses gases é moi grande, a calor acumulada é moi alta e aumenta a temperatura da terra. Os gases deste tipo máis coñecidos son: Dióxido de Carbono, Metano, óxido de nitróxeno e o vapor de auga.
-
Exemplo:
-
Moita acumulación de gases de efecto invernadoiro prodúcese polo mal uso dos recursos por parte das persoas.
Hábitos de Consumo
-
Definición:
-
Son as formas que temos de usar os produtos, os costumes de comprar e as maneiras de utilizar os servizos no noso día a día. Pensando un pouco en que compramos, como nos desprazamos e como usamos os recursos como a auga ou a luz cada día, podemos axudar a coidar o planeta.
-
Exemplo:
-
Mercar froita sen paquete de plástico é un hábito de consumo sinxelo de cambiar.
Quecemento global
-
Definición:
-
É o aumento da temperatura xeral da terra que se ve acelerado pola acumulación de gases de efecto invernadoiro na atmosfera.
-
Exemplo:
-
Os polos estanse derretendo por culpa do quecemento global.


