Poñemos en marcha as Xornadas de Concienciación!
É o momento de que as vosas campañas teñan visibilidade. Para iso, ides organizar unhas xornadas de concienciación no centro para dar a coñecer a vosa mensaxe.
Organización dos grupos:
Cada grupo será responsable de coordinar unha parte das xornadas.
- Exposición de carteis.
- Proxección dos vídeos.
- Reparto de documentos informativos.
Preparación do material:
- Escollede onde se presentará cada material (corredores, aula de informática, emisora de radio do cole…).
- Pensade nunha pequena introdución para explicar a vosa campaña aos visitantes da xornada.
- Pensade a forma de anunciar este evento.
Audio
Formación dos grupos
Recordade que debedes escoller en que grupo estar segundo a actividade na que queredes participar:
- Exposición de carteis.
- Proxección dos vídeos.
- Reparto de documentos informativos.

