Glosario
Combustibles
-
Definición:
-
Son todos os materiais que podemos usar para obter enerxía. A leña ou a gasolina son combustibles.
-
Exemplo:
-
O uso de combustibles fósiles, como a gasolina, son prexudiciais para o medio ambiente.
Ecosistema
-
Definición:
-
É un lugar onde viven microorganismos, animais e plantas, pero tamén o aire, a terra e a auga que necesitan para vivir. O bosque é un ecosistema, o río e o deserto tamén.
Exemplo:
-
Para que os animais sobrevivan teñen que estar no seu ecosistema.
Glaciares
-
Definición:
-
Pezas de xeo enormes que se forman nos polos ou nas montañas.
-
Exemplo:
-
Naquel glaciar da fotografía viven moitos pingüíns.
Idades de xeo
-
Definición:
-
Épocas da historia onde as temperaturas da terra baixaron tanto que a maioría do planeta estaba cuberto de xeo.
-
Exemplo:
-
Se empezara agora unha idade de xeo, é probable que os humanos nos extinguiramos.
