Facemos unha ecoauditoría na escola!

Durante unha semana, ides investigar como coidamos o medio ambiente na escola. Cada grupo terá unha misión diferente e tomará notas sobre o que observa:
- Consumo eléctrico: Cantas luces e aparellos eléctricos están acendidos? Poderiamos aforrar enerxía?
- Consumo de auga: Canta auga usamos? Hai billas abertas sen necesidade? Poderiamos aforrar máis?
- Creación de residuos: Que tipo de lixo xeramos? Reciclamos ben? Poderiamos reducir o lixo?
- Mobilidade sostible: Como vimos á escola? Usamos transportes sostibles como a bici, o bus ou camiñamos?
- Ao final da semana, cada equipo presentará as súas conclusións e ideas para mellorar a nosa escola e facela máis sostible!
Podes descargar o documento para recoller os datos na seguinte ligazón. Lembra gardala ao remate. Consulta co profesorado o xeito de cubrila.
Audio
Recorda!
A ecoauditoría é necesaria para poder realizar a campaña de concienciación.
Para iso debedes:
1. Escoller a información sobre a que recolleredes datos (consumo eléctrico, consumo de auga, creación de residuos ou mobilidades sostible).
2. Cada día recoller os datos que se marcan no rexistro da ecoauditoría.