Glosario
Cambio climático
-
Definición:
-
Aumento das temperaturas no planeta terra causados polas accións contaminantes. A contaminación vai creando unha capa de gases arredor da terra que fan o efecto de unha manta moi grosa.
-
Exemplo:
-
Reciclando o lixo, contaminamos menos e reducimos os efectos do cambio climático
Campaña de concienciación
-
Definición:
-
Conxuntos de mensaxes ou actividades que se fan para mostrar as persoas algo que non se está facendo ben e ensinarlles como se pode facer mellor. A maioría das veces ten que ver con cuestións que lle afectan a toda a sociedade ou a unha parte dela.
-
Exemplo:
-
Faremos unha campaña de concienciación para mellorar a recollida de lixo no patio.
Comunidade
-
Definición:
-
Grupo de persoas cun interese común.
-
Exemplo:
-
A comunidade da escola está formada polo alumnado, as persoas que traballan na escola e as familias.
Medio ambiente
-
Definición:
-
O medio ambiente son as plantas, os animais, a auga, o aire, a terra e as persoas. Somos todos os seres vivos e a natureza que existimos na terra.
-
Exemplo:
-
Debemos axudar a parar o cambio climático para protexer o medio ambiente.
Vivimos nun mundo que cambia a gran velocidade. O cambio climático está afectando aos ecosistemas, o clima e as persoas de maneiras que xa non podemos pasar por alto.