3.5. Experimentando a realidade: o cambio climático
Glosario
Efecto Albedo
Definición:
Refírese á cantidade de luz do solar que se reflicte nunha superficie. Por exemplo a neve reflicte moita luz. Porén, o asfalto absorbe moita luz. Isto afecta moito á temperatura.
Exemplo:
A neve, grazas ao efecto albedo, axuda a manter as temperaturas baixas.
O cambio climático é real? Que di a ciencia?
Como saber se o cambio climático é real? Moitas científicas e científicos fan estudos e sacan conclusións sobre o que está a acontecer no noso planeta.
Un exemplo é Isabel Moreno, física e meteoróloga, que estuda e explica moitas das cousas que estamos vendo neste tema. Ela e outras moitas científicas son un exemplo de como a ciencia non é un eido exclusivo de homes se non, que cada vez máis, as mulleres están a atopar o seu merecido lugar nestas profesións.
Científicas e científicos non só observan cambios no planeta, senón que tamén fan experimentos para comprendelos mellor. Ti tamén podes facelo! Aquí propoñemos algúns experimentos para comprobar algúns efectos do cambio climático.
Lectura facilitada
Como sabemos que o cambio climático é real?
Científicos e científicas fan estudos sobre o tema.
Isabel Moreno é física e meteoróloga.
Agora temos moitos exemplos de científicas.
Este tipo de científicas e científicos observan cambios no planeta.
Tamén fan experimentos para comprendelos mellor.
Ti tamén podes facelo!
Aquí propoñemos algúns experimentos para comprobar algúns efectos do cambio climático.
Audio
As probas
O cambio climático é algo que está a pasar en todo o mundo, e as científicas e científicos teñen moitas probas para demostralo. Aquí tes algunhas delas:
Os océanos están a medrar: nos últimos 100 anos, o nivel do mar subiu uns 17 centímetros, e segue subindo cada vez máis rápido.
Nos polos e nas montañas, cada ano hai menos xeo e neve. Cando hai menos xeo, o planeta quenta aínda máis, porque o branco do xeo reflicte a calor do sol, pero sen xeo, a Terra absorbe máis calor.
En moitas partes do mundo, chove máis que antes, pero noutras chove moito menos, e as secas son máis longas.
Lectura facilitada
O cambio climático é algo que está a pasar en todo o mundo.
As científicas e os científicos teñen moitas probas para demostralo.
Aquí tes algunhas delas:
Os océanos están a medrar.
Nos últimos 100 anos, o nivel do mar subiu uns 17 centímetros.
Segue subindo cada vez máis rápido.
Nos polos e nas montañas, cada ano hai menos xeo e neve.
Cando hai menos xeo, o planeta quece cada vez máis.
A razón é que o branco do xeo reflicte a calor do sol.
Pero ao haber pouco xeo, non da tempo a arrefriar a Terra
Así a Terra absorbe máis calor.
En moitas partes do mundo, chove máis que antes.
Noutras chove moito menos, e as secas son máis longas.
Audio
Experimentación
Agora podes vivir estes cambio en directo a través dos experimentos propostos. Seguro que seguindo as indicacións do experimento que escollas, e coa axuda da lista de cotexo, o poderás facer, ánimo!
Efecto invernadoiro
O CO₂ aumenta a temperatura
Material necesario:
2 vasos de cristal medianos.
1 vaso de cristal pequeno.
2 termómetros de alcohol pequenos.
1 lámpada que emita calor.
Vinagre e bicarbonato sódico.
Desenvolvemento:
Coloca un termómetro dentro de cada vaso mediano.
Nun dos vasos, introduce unha mestura de vinagre e bicarbonato sódico para xerar CO₂.
Tapa ambos vasos cun recipiente transparente ou filme plástico.
Coloca os vasos baixo unha lámpada durante 10 minutos.
Observa e compara as temperaturas dos dous vasos: o vaso co CO₂ debería ter unha temperatura maior.
Preme no botón para que se abra abaixo a lista de cotexo do experimento:
O desxeo
Material necesario:
2 recipientes (cuncas ou similares).
2 bloques de xeo.
Unhas pedras para simular terra firme.
Desenvolvemento:
Enche un recipiente con auga e coloca un bloque de xeo flotando.
No outro recipiente, coloca pedras e un bloque de xeo apoiado nelas, e logo engade auga ata que case chegue ao bordo.
Observa o que ocorre cando o xeo de cada recipiente se derrete: o nivel do auga só subirá no recipiente co xeo apoiado nas pedras.
Preme no botón para que se abra abaixo a lista de cotexo do experimento:
O efecto albedo
Material necesario:
Dúas cartolinas: unha branca e outra negra.
Dous vasos pequenos de cristal.
Dous termómetros.
Lámpada pequena que xere calor.
Desenvolvemento:
Coloca a cartolina negra e a branca lado a lado.
Sitúa un vaso pequeno encima de cada cartolina cun termómetro dentro.
Dirixe a luz da lámpada cara ás cartolinas desde unha distancia igual.
Observa durante 15 minutos as temperaturas nos dous termómetros.
Preme no botón para que se abra abaixo a lista de cotexo do experimento:
O motor das correntes
Material necesario:
Colorante alimentario ou tinta de lura (azul e vermello).
Bandexa para facer xeo.
Microondas ou cazo para quentar auga.
Frasco pequeno para auga quente.
Recipiente transparente grande con auga.
Desenvolvemento:
Fai cubos de xeo engadindo colorante azul á auga antes de conxelala.
Quenta auga e engádelle colorante laranxa.
No recipiente grande, verte auga fría e pon os cubos de xeo flotando na superficie.
Verte a auga quente co colorante laranxa nun recipiente pequeno e colócao no fondo do recipiente grande.
Observa como a auga quente ascende e a fría descende, creando movemento.
Preme no botón para que se abra abaixo a lista de cotexo do experimento:
Lista de cotexo: efecto invernadoiro
Completa a lista de cotexo marcando as casas correspondentes ás actividades rematadas.