A nosa campaña
Chegou o voso momento! Agora debedes demostrar que estades realmente comprometidos co coidado do noso planeta! O voso reto será organizar unha campaña de concienciación que chegue ao maior número de persoas.
Para poder conseguilo, deberedes de traballar en equipo. Primeiro observaredes exemplos de campañas e a continuación seguiredes os pasos para facer a vosa propia campaña.
Son moitas as campañas que ó longo destes anos se están a realizar relacionado co clima:
Teachers for future
Campaña: Residuos Cero.
Obxectivo: Reducir os residuos no recreo mediante o uso de merendas máis sostibles (sen plásticos dun só uso).
Elementos clave: Uso de botellas reutilizables, carteleira informativa nas escolas.
Fridays for future

Campaña: “Climate Strikes” (Folgas Climáticas)
Obxectivo: Concienciar á sociedade a través de manifestacións organizadas por mozos.
Elementos clave: Carteis, lema sinxelo e directo, implicación social.
+Info
Greenpeace

Campaña: “Save the Artic”
Obxectivo: Loitar contra a explotación petrolífera no Ártico e promover a súa protección.
Elementos clave: Uso de redes sociais, vídeos curtos impactantes, testemuños reais.
Ecoembes
Campaña: “Recicla y respira”
Obxectivo: Promover a reciclaxe para reducir a contaminación.
Elementos clave: Infografías claras, impacto visual, cifras concisas.
Unha opción pode ser facer algún tipo de carteis. Como vistes nos exemplos, as pancartas, os carteis ou similares poden ser una boa ferramenta para difundir a nosa mensaxe.


