Saltar navegación

Reflexión

Dicimos que a luz é reflectida, cando chega á superficie de dous medios e retrocede.

d
Reflexión. Wikipedia. (CC0)

Cando os raios de luz reflíctense nunha superficie perfectamente plana como un espello, ocorre que:

  • O raio incidente, o reflectido e o normal están no mesmo plano perpendicular á superficie.
  • O ángulo de incidencia é igual ao ángulo de reflexión.

Podes comprobar todo isto mirando nun espello. Para ver todo o teu corpo os raios que saen dos teus pés deben chegar aos ollos despois de quedar reflectidos no espello. Como vedes neste debuxo, isto só é posible se a altura do espello é polo menos a metade da túa altura.

Nun periscopio, os raios de luz reflexan así:

a
Periscopio. Wikipedia. (CC0)

Se os nosos ollos non están exactamente na dirección da luz reflexada, non veremos a imaxe do espello:

Reflexión1. Sandra Juiz. Wikipedia. (CC0)

Só o ollo c verá a tartaruga.

Nos vemos os obxectos porque a luz que se reflexa neles, chega aos nosos ollos.

Hai dous tipos de reflexión:

  • Reflexión especular, en superficies perefectamente lisas. Todos os raios saen reflexados nunha mesma dirección
  • Reflexión difusa, en superficies rugosas. Os raios saen reflexados en todas as direccións.
Reflexión especular e difusa. Wikipedia. (CC0)

A reflexión difusa, é a que permite que vexamos case dende calque ángulo podamos ver as páxinas dun libro, e percibir os obxetos e as súas formas.

d
                                                             Reflexión luz. Pixabay. (Dominio público)

A maior parte dos espellos son planos, pero tamén poden ser cóncavos ou convexos:

maxe espello. Pixabay. Sanfdra Juiz. (Dominio público)

Razoa

Por que nos supermercados ou nos cruces de mala visibilidade colocan espellos convexos? que sucedería se fora cóncavos?

Explica coas túas palabras como funciona un periscopio dun submarino:

BY-NC-SA