As identidades notables
Algunhas operacións (especialmente produtos) aparecen normalmente na literatura matemática. Para simplificar os cálculos, os resultados destas operacións escríbense directamente aplicando unha fórmula sinxela e fácil de recordar. Estas fórmulas coñécense como identidades notables.
As identidades máis comúns son a suma por diferenza e o cadrado dun binomio. Nesta páxina veremos estes e outros produtos salientables.