Saltar navegación

Propiedades das ondas

As ondas electromagnéticas non precisan dun medio material para propagarse. Así, estas ondas poden atravesar o espazo interplanetario e interestelar e chegar á Terra dende o Sol e as estrelas. Independentemente da súa frecuencia e lonxitude de onda, todas as ondas electromagnéticas viaxan nun baleiro a unha velocidade c = 299.792.458 m/s.

Todas as radiacións do espectro electromagnético teñen as propiedades típicas do movemento das ondas, como a difracción e a interferencia. As lonxitudes de onda varían dende billóns de metros ata moitos quilómetros. A lonxitude de onda (λ) e a frecuencia (f) das ondas electromagnéticas, relacionadas coa expresión λ · f = c son importantes para determinar a súa enerxía, a súa visibilidade, a súa potencia de penetración e outras características.

As propiedades máis características das ondas electromagnéticas son descritas a continuación:

BY-NC-SA