Saltar navegación

Que é unha onda

Se lanzas unha pedra a un estanque, verás que se forman círculos concéntricos ao sitio onde caeu a pedra, son ondas. 

A enerxía que proporcionou a caída da pedra na auga, fixo que as partículas desta oscilaran arriba e abaixo, transmitindo esta oscilación ás partículas veciñas.

Ondas na auga. Pixabay. (CC0)

Claramente temos unha transmisión de enerxía, pero non de materia, e iso é precisamente unha onda.

Unha onda é unha perturbación que se propaga transportando enerxía pero sen transporta materia.

A luz e o son son ondas, pero presentan diferenzas:

  • O son
    • non se propaga no baleiro, necesita dun medio material.
    • A propagación no aire é de 340 m/s, e avanza máis rápido en medios máis densos (auga o madeira)
  • A luz
    • non precisa un medio materia, propágase no baleiro a 300000 km/s

BY-NC-SA