Saltar navegación

O espectro electromagnético

O espectro electromagnético

É o conxunto de todas as radiacións electromagnéticas que existen. O espectro solar é unha parte de dito espectro electromagnético.

s
Espectro electromagnético. Wikipedia. (CC0)

Vemos diferentes tipos de radiacións:

  • Ondas de radio
  • Microondas
  • Infravermello
  • Ultravioleta
  • Raios X brandos e duros
  • Raios γ

O efecto destas radiacións depende da súa enerxía, sendo máis enerxéticas as de maior frecuencia.

1. Observando o espectro electromagnético, razoa se ten máis enerxía a radiación dun forno microondas ou a dunha emisora de radio.

2. razoa se son máis perigosas as de maior ou menos lonxitude de onda.

3. Investiga: por que se evita facer radiografías en mulleres embarazadas ou nenos moi pequenos? para que será o mandil de chumbo que nos poñen cando facemos radiografías?

BY-NC-SA