Os astrónomos observaron nas galaxias máis aló da Vía Láctea o que chamaron un "corremente ao vermello"... que significa isto?.
Supoñemos que se unha fonte de luz estase alonxando dun observador, según o efecto doppler que vimos antes, a súa onda experimentará un aumento na súa lonxitude de onda ou o que é o mesmo unha diminución da súa frecuencia (a onda é coma se se estirara), co que se aproximará á zona do espectro electromagnético vermella.
Tendo en conta estas observacións, os científicos atoparon unha proba máis da existencia dunha gran explosión, o Big Bang, que sería o punto de partida fai moitos millóns de anos do noso universo, xa que si as galaxias se están afastando de nos cada vez máis, probablemente unha vez todas elas e todo o universo estivo concentrado nun único punto de "densidade infinita".