Saltar navegación

Eclipse de Lúa

Se é a Lúa ou parte dela a que deixa de verse. Coma calquera corpo opaco, a Terra proxecta unha sombra. Se a Lúa queda dentro desta sombra, deixará de estar iuminada e non se verá:

s
Eclipse de Lúa. Pixabay. Sandra Juiz (Dominio público)


 Os eclipses de Lúa son menos frecuentes que os de Sol, nunca hai máis de dous ao ano, pero resultan visibles dende todo o hemisferios que mira cara ela.

Por qué non suceden cada mes os eclipses de Lúa?

Se a Lúa estivese sempre desprazada no mesmo plano que o Sol e a Terra - de feito - habería eclipses do Sol e da Lúa continuamente. Pero dado que a órbita da Lúa está inclinada, normalmente a Lúa pasa por encima ou por debaixo do plano da Terra (a sombra pasa por riba ou por baixo). A Lúa pasa dúas semanas ao norte da Terra e dúas semanas ao sur da Terra.
Cada seis meses, a Lúa Nova e a Lúa chea coinciden no plano da Terra e prodúcense eclipses.

BY-NC-SA