O ollo é o órgano onde reside o sentido da vista. Capta a luz que emiten os obxectos, e a transforma en sinais que chegan ao cerebro, onde se interpretan.
O ollo humán é un complexo instrumento óptico:

A luz entra no ollo pola pupila, un orificio do centro do iris que está máis ou menos aberto en función da cantidade de luz do ambiente. Logo atravesa o cristalino, unha lente converxente biconvexa, que nos permite enfocar a visión. O cristalino forma a imaxe do obxecto na retina, que actúa de pantalla. A parte receptora así, é a retina, con células fotosensibles chamadas conos e bastóns.
*Os bastóns son sensibles á pouca luz, pero non distinguen as cores.
*Os conos funcionan con máis luz e hai tres tipos que recollen as cores básicas: azul, vermello e verde.
Conos e bastóns transforman a luz en impulsos nerviosos, que chegan ao cerebro mediante o nervio óptico.

Na retina fórmase unha imaxe invertida e menor do obxecto real que estamos a ver.