Sobremesas: Innovamos
Poñemos o noso proxecto en marcha!
-Hassan has accedido a la cocina de máximo nivel. Aquí en lo más alto de la cocina francesa, cocinar ya no es un arte, es una ciencia. Pensamos que comer es una experiencia multisensorial, y determinadas combinaciones de sabores activan las encimas, y estimulan partes concretas del cerebro...
-Sí.
-...evocando placer y rememorando experiencias placenteras, como cuando un determinado aroma te recuerda a tu primer amor.
-Sí: la comida evoca recuerdos.
-Esta es la bestia con mil bocas que alimentar dos veces al día. ¿Y qué le gusta a la bestia?: innovación, innovación, innovación.
Un viaje de 10 metros
Na película Un viaje de 10 metros, Hassan conseguirá escalar ao máis alto da cociña francesa desde o modesto restaurante indio rexentado pola súa familia. Así convértese nun gran chef que cociña pratos cheos de talento e ideas innovadoras. Nesta última parte do traballo a orixinalidade será un ingrediente fundamental das nosas receitas!
Chega o momento de elaborar o noso propio libro de cociña. O obxectivo final deste proxecto consiste, como explicamos ao comezo, en crear entre toda a clase, un receitario de cociña en castelán, galego e inglés. Co fin de facilitarlles aos profesores a organización e corrección dos traballos, propoñemos que os primeiros pratos se redacten en galego, os segundos en castelán e as sobremesas en inglés.
Organizamos os equipos
Para levar a cabo o proxecto, dividiremos a clase en cinco equipos, cada un dos cales elaborará un menú completo que constará dun primeiro prato en galego, un segundo en castelán e unha sobremesa en inglés.
O profesor será o encargado de recopilar as receitas de cada grupo e redistribuílas para obter un libro de cociña que conste de cinco pratos de cada tipo (quince en total). Como o produto final será unha creación colectiva de todos os alumnos da clase, haberá que poñerse de acordo no título que levará o libro. O profesor anotará diferentes propostas que logo se votarán. Se non se nos ocurre nada orixinal, sempre podemos titulalo O libro de cociña de 1ºA.
A continuación veremos os pasos que temos que seguir para organizar os equipos e comezar o traballo, así como algunhas fichas que nos servirán de apoio.
- Pasos e documentos
-
O profesor rexistrará na ficha 1 "Como organizamos os equipos?" a distribución da clase por equipos, así como as características do menú que fará cada grupo. Para isto cómpre seguir os seguintes pasos:
- Formamos equipos de entre 4 e 6 membros.
- Eliximos un nome orixinal que identifique o noso equipo (como se lle puxeramos o nome ao noso restaurante), así coma un membro que sexa portavoz.
- Escollemos a temática das receitas. Cada equipo elaborará tres receitas representativas dun dos seguintes tipos de cociña:
- Cociña tradicional.
- Cociña vexetariana ou vegana.
- Cociña apta para celíacos (sen glute).
- Cociña internacional.
- Cociña saudable, a base de “superalimentos”.
Se os equipos non se poñen de acordo á hora de repartir estas temáticas, será o profesor quen lle asigne a cada un a súa.
- Presentamos a nosa proposta de menú. O menú que presentemos ante a clase será orixinal e innovador. Para crealo usaremos a ficha 2 "Como eliximos a nosa proposta?" Seguindo a orde das agullas do reloxo, iremos pasando a ficha a cada membro do equipo que escribirá na columna correspondente o menú que suxire. O último será o portavoz, que despois de escribir a súa proposta, lerá en alto todo o que foron escribindo os demais. Tras esta posta en común, o equipo escollerá entre os pratos suxeridos o primeiro, o segundo e a sobremesa.
- Expoñemos ante a clase o menú que imos preparar para que o profesor o anote na ficha 1 "Como organizamos os equipos?"
Descagar "Ficha 1 Como organizamos os equipos?" Licenza: CC BY-SA
Preparamos as nosas receitas
Unha vez que teñamos deseñados os menús, cada equipo debe redactar as receitas tendo en conta a estrutura e características lingüísticas vistas cando traballamos os textos instrutivos. Para facelo, seguiremos un modelo común de receita, no que todos os equipos teñen que completar os mesmos apartados. Ademais contaremos cunha serie de recursos que nos axudarán a traballar en cada apartado.
- Instrucións
-
Cada receita terá un esquema fixo que inclúa estes apartados:
- Título da receita.
- Número de comensais (ou racións).
- Ingredientes e cantidades.
- Tempo estimado e nivel de dificultade.
- Fotografía do prato.
- Orzamento.
- Iconas dos alérxenos.
- Texto introdutorio cun comentario libre. Suxerimos algunhas temáticas:
- Texto explicativo sobre as propiedades e orixe dos alimentos que integran o prato.
- Información sobre a época do ano, o lugar ou a circunstancia mais propicia para degustar o prato.
- Referencia cultural relacionada co prato (un comentario ou frase que pertenza ou faga alusión a unha película, obra literaria, canción ou pintura). Tamén pode ser un refrán. Algúns exemplos: para un caldo de pescado, uns versos da “Oda al caldillo de congrio” de Pablo Neruda; para uns ovos fritos, mencionamos a pintura de Velázquez "Vella fritindo ovos".
- Texto instrutivo co proceso de preparación do prato.
- Truco ou consello de cociña.
- Autoría (nome dos compoñentes do equipo).
- Recursos e documentos
-
Canta comida leva unha ración? Canto poñemos de cada ingrediente?
En función do número de comensais, a cantidade de comida que temos que preparar variará. Para que o libro de receitas resulte homoxéneo, todos os equipos elaborarán menús programados para entre catro a seis persoas, por tanto o primeiro que necesitamos é saber a cantidade de comida que debe levar cada ración. Aínda que non todas as persoas comen a mesma cantidade (non come o mesmo un adulto ca un neno) e sempre hai alguén que quere repetir, imos preparar arredor de 500 gramos por comensal entre os tres pratos.
Nas páxinas seguintes atoparemos información sobre como calcular as racións e as cantidades dos distintos alimentos por persoa:
https://secocina.com/tecnicas/cantidades
http://comohacerpara.com/calcular-la-cantidad-de-comida-por-persona_1215c.html
http://cocinillas.elespanol.com/2015/04/calcular-las-raciones-para-muchos/
Canto tempo nos leva preparar a receita?
O tempo de elaboración da nosa receita será aproximado (e máis real se cociñamos de verdade o prato) tendo en conta a seguinte fórmula:
TEMPO ESTIMADO DE ELABORACIÓN =
Tempo de manipulación dos alimentos+ tempo de cocción + tempo de empratado
Aínda que o tempo estimado supere unha hora, expresarémolo sempre en minutos (para 1 1/2 hora escribiremos “90 minutos”).
Resulta difícil elaborar este prato?
O nivel de dificultade será consensuado por todos os compoñentes do equipo, pensando nunha persoa que posúa coñecementos básicos de cociña. Escribiremos un dos seguintes niveis:
NIVEL DE DIFICULTADE
GALEGO
Baixo
Medio
Alto
CASTELÁN
Bajo
Medio
Alto
INGLÉS
Low
Medium
High
Con que foto ilustramos o noso prato?
O ideal é que elaboremos as receitas e lles tiremos unha foto. Se isto non é posible, debemos ter en conta o que xa sabemos sobre a procura de imaxes en Internet e o tipo de licenzas.
Canto nos custa facer a receita?
Para calcular o custo aproximado do prato, contamos con algunhas calculadoras online que poden sernos de utilidade. Tamén contamos cunha ficha para facelo. Teremos que seguir estes pasos.
- Anotamos o prezo que o produto ten no supermercado e a cantidade que compramos. Se non podemos achegarnos a un supermercado, é posible facer unha consulta do prezo dos alimentos por Internet.
Nestes supermercados online podemos consultar o prezo dos produtos, aínda que para facer unha cesta da compra é obrigatorio estar rexistrado:
https://www.tudespensa.com/supermercado/: conta con seccións de produtos ecolóxicos, gourmet e de cociña internacional.
https://www.ulabox.com/: sección especial de produtos sen glute.
- Calculamos o custo da cantidade que imos empregar para a nosa receita. Por exemplo, mercamos un paquete de fariña de 1 quilo por 1 euro, do cal empregamos 500 gramos na elaboración da receita, por tanto, o prezo deste ingrediente será 50 céntimos.
- Cubrimos a ficha "Calculamos o custo da receita". Nesta ficha teremos que facer divisións e algunha que outra regra de tres. Para calcular o custo final da receita deberemos sumar os prezos das cantidades utilizadas na elaboración da mesma. Non contabilizaremos os ingredientes de uso frecuente que se empreguen en poucas cantidades (por exemplo, unha pinga de sal ou aceite para fritir un alimento).
Descargar ficha "Calculamos o custo da receita"Cales son os alérxenos que debemos engadir?
Desde o 13 de decembro de 2014 entrou en vigor a nova Lei de información alimentaria (Alérxenos), recollida no Regulamento europeo 1169/2011 que establece que as empresas de restauración informen dos alérxenos que conteñan os seus pratos. Por iso cómpre que incluamos esta información nas nosas receitas. A lista consta de catorce alérxenos:
- Cereais que conteñan glute.
- Crustáceos e produtos a base de crustáceos.
- Ovos e produtos a base de ovo.
- Pescado e produtos a base de pescado
- Cacahuetes e produtos a base de cacahuetes.
- Soia y produtos a base de soia.
- Leite e os seus derivados (incluíndo a lactosa).
- Froitos de cáscara: améndoas, abelás, noces, pistachos... e os seus produtos derivados.
- Apio e produtos derivados.
- Mostaza e produtos derivados.
- Grans de sésamo e produtos a base de grans de sésamo.
- Dióxido de xofre e sulfitos.
- Altramuces e produtos a base de altramuces.
- Moluscos e produtos a base de moluscos.
Ademais dos alimentos frescos, para asegurarnos de que o noso prato non conteña algún destes alérxenos hai que consultar *os etiquetados de todos os produtos envasados e procesados que se utilicen como ingredientes na receita. Engadiremos na receita as iconas dos alérxenos que conteña o prato.
Que vocabulario empregamos?
Á hora de redactar as receitas, debemos manexar unha terminoloxía específica relacionada co mundo culinario, as técnicas de cociña, os utensilios que se precisan e outro léxico de uso frecuente nas instrucións das receitas de cociña. Teremos de man algunhas fichas que nos servirán de axuda para empregar o vocabulario máis preciso posible.
-
Na redacción do primeiro e segundo prato contamos coa ficha "Verbos de uso frecuente en receitas de cociña", coas correspondencias en galego e castelán.
-
Na redacción da sobremesa en inglés (dessert) podemos consultar a ficha "Cooking dessert", con vocabulario relacionado coa preparación de pratos doces e as unidades de medida. Teremos en conta que en Estados Unidos e Reino Unido as cantidades exprésanse con un sistema de medición distinto, por tanto pode ser de grande utilidade este conversor de volúmenes online: http://crazycalculations.com/volume/ (Dinos, por exemplo, a cantos mililitros equivale 1 pint, ou 1 cup).
- Anotamos o prezo que o produto ten no supermercado e a cantidade que compramos. Se non podemos achegarnos a un supermercado, é posible facer unha consulta do prezo dos alimentos por Internet.
- Modelos para a elaboración das receitas
-
A continuación temos os tres modelos que imos empregar para elaborar, en primeiro lugar, as receitas e, a continuación, o libro de cociña.
Cada un dos modelos está nunha lingua e nunha cor diferente para non termos ningún problema á hora de traballar con eles.
Para podermos acceder a eles cómpre ter en conta que é necesario ter instalado o procesador de texto LibreOffice, o cal pódese atopar e descargar de xeito gratuíto na seguinte ligazón: https://gl.libreoffice.org/descarga/, en caso de que non o teñades xa nas vosas computadoras. Malia ser moi doado de instalar, ofrecémosvos un pequeno vídeo explicativo de como facelo.
- Modelo libro de cociña primeiro prato. Galego. Verde.
Modelo verde. Fragmento. Elaboración propia (CC BY SA)- Modelo libro de cociña segundo prato. Castelán. Mostaza.
Modelo mostaza. Fragmento. Elaboración propia (CC BY SA)- Modelo libro de cociña sobremesa. Inglés. Vermello.
Modelo vermello. Fragmento. Elaboración propia (CC BY SA)
Cada unha das anteriores imaxes non é editable pero si nos dá acceso aos arquivos cos que imos traballar. Para facilitar o seu manexo, podemos visualizar os seguintes vídeo titoriais que explican como usar os modelos:
- Descarga dos modelos de LibreOffice:
. Descarga de modelos (CC BY-SA)
- Descarga do procesador de texto LibreOffice:
. Descarga de LibreOffice (CC BY-SA)
- Manexo dos modelos para elaborar as receitas
. Manexo dos modelos de LibreOffice para elaborar as receitas (CC BY-SA)
Se por calquera motivo non podemos acceder ao vídeo, unha breve explicación pode servir para ir traballando:
Cada grupo deberá elaborar unha receita en cada idioma. Para iso debe utilizar os anteriores modelos de documento. Estes están semibloqueados polo que só nos van permitir facer unhas poucas cousas, nomeadamente escribir e inserir imaxes. En todos os ocos en que se pode escribir hai unha pequena instrución sobre que tipo de texto se debe incluír nel, agás nos apartados situados respectivamente debaixo de "Tempo", "Dificultade", "Comensais" e "Tempo estimado".
O cadro de texto actívase facendo dobre click sobre el. Unha vez dentro escribimos libremente sen cambiar o tipo de letra nin o seu tamaño. Debemos borrar o texto explicativo antes de comezarmos. É moi importante adecuarse ao espazo xa que un texto moi curto quedaría feo e un texto moi longo non cabería. Non esquezamos o título da receita!
Hai dous tipos de imaxes. A grande, situada á dereita, debemos facela e escollela nós mesmos. Tamén aquí hai un texto explicativo de como facelo. Temos que recordar borrar todo o texto antes de inserila. Ademais é moi importante que as dimensións da imaxe sexan as que se vos indican para que non quede demasiado cortada.
Por último, as imaxes dos alérxenos, abaixo no centro, debemos tiralas de páxinas que permitan descargar iconas de licenza libre. Aquí tendes unha moi interesante: http://icon-icons.com/pt/. Cando teñamos escollida a imaxe, debemos seleccionar cal é o tamaño que queremos que deberá ser de 48 puntos. Os ocos para alérxenos que non usemos podemos deixalos en branco ou seleccionar unha imaxe neutra para enchelos: unha aspa ou calquera outra similar.
Cando rematemos, gardamos de novo o documento (o documento hai que gardalo constantemente!) e exportámolo a formato pdf. Xa temos as nosas receitas! Agora só habería que imprimilas, as de todos os grupos e encadernalas. Outra posibilidade é facer un libro dixital a partir dos pdf. Esta é unha opción moi recomendable e que non se contrapón á anterior.
Por último, na seguinte imaxe podemos ver de xeito esquemático as diferentes partes do modelo sobre o exemplo da receita de tortilla que ilustra o terceiro vídeo:
Repartimos o traballo en equipo
O traballo en equipo debe ser cooperativo, de modo que todos participemos na elaboración das tres receitas. Por exemplo, podemos anotar por parellas os ingredientes dun dos pratos (facer a lista da compra) e logo intercambialos con outra parella para facer os orzamentos, mentres eles fan a lista dos ingredientes doutro prato.
Para cada receita iremos tomando nota do traballo realizado na "Ficha 3 Rexistramos o noso traballo".
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0
