Healthy Eating Plate
Somos o que comemos; a comida saudable
Hai moitos exemplos de como a cultura popular entende que é a alimentación ou como esta afecta na saúde e no físico das persoas. Os refráns son unha fonte inesgotable de crenzas e hábitos que pouco a pouco foron entrando na nosa maneira de pensar, sen chegarmos a nos cuestionar se son ou non certos, ou se teñen algunha base científica.
- Lede os seguintes refráns e dádelles unha explicación.
Un palleiro faise con palla.
O que non mata, engorda.
A laranxa a mañá é ouro, á tarde prata e á noite mata.
Do que se come, críase.
- Estades de acordo con eles?
- Coñecedes outros refráns que fagan referencia aos hábitos alimenticios en xeral?
Facendo un símil, o que comemos afecta tanto ao noso corpo, ánimo e modo de vida coma o combustible e os lubricantes que se lle botan a un coche: canto mellores sexan estes, máis coidado estará o coche e máis anos durará funcionando ben. Por contra, canto peores sexan, máis pronto aparecerán as avarías e antes se derramará.
Hoxe en día é moi frecuente ver persoas que “coidan” a súa alimentación, que non lles vale con comer “calquera cousa”, senón que optan por un determinados tipo de alimentos, unhas elaboracións concretas e uns horarios de comida establecidos e estritos.
- Coñecedes algunha persoa que mire así pola súa alimentación?
Healthy Eating Plate
A universidade de Harvard vén de incorporar unha nova filosofía nos hábitos alimentarios: o Healthy Eating Plate (por certo, que significa?).
Aínda que non o pareza, no mundo da alimentación hai evolución e investigación, cada día dánselle mil voltas a cal é a mellor maneira de inxerir alimentos e detrás de cada opción hai sesudas teorías para defendela. Tradicionalmente, sempre se falou da pirámide alimentaria, sóache? Nela represéntanse os grupos de alimentos formando unha pirámide, onde os de consumo máis frecuente se sitúan na base e os de consumo ocasional aparecen na cúspide. Algo así...
Hai moitos modelos de pirámide alimentaria, pero case todos se caracterizan por considerar que a base debe estar ocupada por cereais, arroz, patacas e legumes.
O Healthy Eating Plate intenta facilitar a escolla alimentaria diaria e engade algunhas outras dimensións. Aquí tes a imaxe:
Faremos unha comparación entre a "PIRÁMIDE" e o "PRATO". Traballaremos en grupos de catro persoas, tendo en conta os seguintes pasos:
- Describimos primeiro cada unha das imaxes.
- Poñemos en relación o que propón cada un dos dous.
- Cal dos dous vos parece máis saudable ou equilibrada?
- Hai algo que vos chame a atención en cada un deles?
- Faremos o traballo por escrito e ben redactado.
Xa vos fixastes en que o prato está en inglés, non si? Seguro que non tedes problema ningún para o entender á perfección. De novo, en grupos de catro persoas, imprimiremos o seguinte arquivo e faremos as copias que precisemos da segunda páxina, para realizar a actividade que se propón a continuación.
- Anotade nunha táboa o almorzo, xantar, merenda e cea que fixestes nos últimos tres días... apretade as meninxes, tentade recordar!
- Procurade representar as cantidades de cada alimento (por exemplo: patacas con bisté e ensalada, moitas patacas, bisté normal, pouca ensalada), da maneira que está elaborado o prato do Healthy Eating Plate.
- Facede unha representación de cada unha das catro comidas do días coma a do prato da Universidade de Harvard.
- Sáevos igual a todos os integrantes do grupo?
- Hai algún hábito alimenticio que deberades mudar?
- Poñede en relación os hábitos alimenticios en gran grupo. Hai moitas diferenzas?
Almorzo, xantar, merenda e cea
Os hábitos alimenticios non teñen que ver soamente co que se come nin con canto se come, senón tamén con cando se fai.
Fíxate nos seguintes refráns casteláns:
Desayuna como un rey, come como un príncipe y cena como un mendigo.
De grandes cenas están las sepulturas llenas.
- A que feito de comer se están a referir? Explicade o seu significado polo miúdo.
- En que figura retórica se basea o primeiro refrán? Que quere dicir?
- No segundo, hai unha metáfora que se basea nunha relación de causa-efecto. Poderiades explicala?
- Hai algunha semellanza entre ámbolos dous refráns? En que consiste, se a hai?
- Con que refrán da primeira actividade relacionas estes dous? Por que?
Stay Active!
Volvamos ao Healthy Eating Plate. Un dos aspectos que máis chama a atención é a inclusión dun monicreque correndo. Que quere representar?

Estades no certo, fai referencia ao deporte e a un estilo de vida saudable. Na actualidade, xa ninguén pon en dúbida que para ter unha boa saúde non é suficiente con comer de maneira sa e equilibrada, senón que tamén é necesario ter un estilo de vida fisicamente activo. Isto non quere dicir que haxa que saír a correr todos os días, ir ao ximnasio levantar pesas ou nadar coma un golfiño, non. Simplemente lembra a necesidade de moverse para evitar estar todo o día sentado ou deitado no sofá.
- A que actividades credes que se está a referir ese “Stay Active”?
- Anotádeas no encerado e valorade o voso grao persoal de “Stay Active”.
Comidas viciosas... por que?
Non nos enganemos, o sabor é importante! Credes que comendo “mellor” sempre vas comer “menos saboroso”?
A meirande parte dos alimentos etiquetados inclúen unha serie de ingredientes que en moitas ocasións non sabemos o que significan nin o que poden supoñer para a nosa saúde.
Pequeno debate:
Tedes por costume ler os ingredientes dos alimentos etiquetados?
Se é así, deixastes de mercar algunha vez un produto por conter un ingrediente que vos desagradaba?
Cando menos, ledes a data de caducidade de produtos coma os iogures, as salchichas, o leite, as ensaladas embolsadas, etc?
Hai que ser un auténtico sabio para identificar todos os ingredientes que imos atopar nos envases de comida, polo que non imos marearnos con iso. Pero si podemos aprender algo máis sobre algún destes produtos. A continuación presentámosvos o famoso xogo do aforcado no que teredes que atopar dúas palabras; as dúas xuntas forman o nome dun ingrediente que a cotío atopamos nas bolsas de gusanitos ou nos botes de olivas.
abcdefghijklmnñopqrstuvwxyz
- Potenciador do sabor moi empregado pola industria alimentaria para mellorar o sabor dos alimentos elaborados. Número internacional: E621
- R0xVVEFNQVRP
- Segunda parte da palabra a adiviñar.
- TU9OT1NPRElDTw==
Por favor, habilite JavaScript para iniciar este xogo.
Como vos foi? Seguro que non aforcaron a ninguén, va que non! Soábavos esa substancia que se acochaba na actividade anterior? Se tedes algún envase de produto alimentario encima, mirade se aparece entre os seus ingredientes. Aparece? Pois... non debería aparecer!
A continuación imos ver dous vídeos nos que vos van falar desta substancia, tamén chamada a “nicotina” dos alimentos (oes!, se se chama “nicotina dos alimentos”, será bo ou será malo?...)
Son dous fragmentos extraídos dun vídeo máis longo da canle John Galeón TV. No primeiro coméntanse a orixe e descubrimento desta substancia e tamén os efectos que ten para a saúde No segundo explícase con que nomes pode aparecer nas etiquetas dos produtos alimentarios e en que cales é frecuente atopalo. Permanecede atentos e atentas porque ides ter que atopar certa información en cada un deles, a que se vos pide nas seguintes fichas:
Descargade as fichas correspondentes e proxectade os vídeos dúas veces.
Vídeo 1: Descubrimento, que é e efectos sobre a saúde.
Vídeo 2: alimentos onde se pode atopar e outros nomes polos que se coñece.
O etiquetado
As etiquetas son as encargadas de darnos información moi importante sobre os produtos elaborados. Segundo a lexislación vixente, nelas debe aparecer obrigatoriamente a seguinte información:
1
Denominación do produto
2
Lote de fabricación
3
Contido neto
4
Grao alcohólico (en caso de ter alcohol)
5
Nome e domicilio do fabricante
6
Data de duración mínima
7
Data de caducidade (para alimentos moi perecedoiros)
8
Ingredientes
9
Valores nutricionais (se no envase se di que ten propiedades nutritivas)
De toda esta información cal é a que máis chama a vosa a atención, a que sempre mirades?
- Ordenádeas do 1 ao 9 en función de se as mirades habitualmente ou non.
- Ordenádeas do 1 ao 9 en función de a importancia que lle dades a cada unha.
- Coinciden as dúas?
- Hai algunha que consideredes importante pero que non a mirades habitualmente? Cal e por que?
Non me digades máis, a “denominación do produto” sempre a mirades, non si? Non é casual que sexa a parte máis visible, a que máis espazo ocupa, a que é máis chamativa, bonita, orixinal... Pero realmente a información máis relevante é o resto.
Fixádevos nas seguintes afirmacións e seleccionade Verdadeiro ou Falso segundo consideredes. A continuación razoade as vosas respostas.
O ETIQUETADO DOS ALIMENTOS PERMÍTENOS...
Retroalimentación
Verdadeiro
Mensaxes como: "consérvese en lugar fresco e seco" ou "protexer da luz solar", son exemplos disto.
Retroalimentación
Falso
Pode vir algunha receita (en caso de que haxa que cociñalo), pero normalmente non se inclúe.
Retroalimentación
Verdadeiro
Ainda que pareza que non, a etiqueta informa das cantidades que contén o envase, da súa data de caducidade, os , etc., que axudan a planificar a compra e optimizar o gasto.
Retroalimentación
Verdadeiro
Aínda que na meirande parte dos casos non saibamos que é o que son...
Retroalimentación
Falso
Esa información corre a cargo do establecemento que o comercializa. Se está ou non de oferta non é relevante no etiquetado.
Retroalimentación
Verdadeiro
Por suposto! Sempre e cando se diga que o produto ten valores nutricionais.
Retroalimentación
Falso
Iso depende da man de cada CHEF!
Retroalimentación
Verdadeiro
É unha das informacións máis relevantes, fundamental para as persoas alérxicas a certos ingredientes coma o glute, a soia ou o marisco.
Retroalimentación
Verdadeiro
Claro! Permítenos seleccionar aqueles produtos que consideremos máis saudables ou planificar a inxesta de proteínas, graxas, fibra e hidratos de carbono.
Retroalimentación
Falso
Como moito, permítenos mellorar as nosas habilidades lectoras...
Análise de etiquetas
Vimos de ver a importancia do etiquetado á hora de mercar alimentos; a etiqueta vén sendo unha radiografía do produto que vai dentro do envase. De nosoutros depende saber interpretala correctamente.
Nesta actividade propoñémosvos buscar a información máis importante dalgunhas etiquetas escollidas ao chou. Nas vosas casas podedes facer o mesmo cos produtos que teñades nas lacenas da cociña.
Usade a seguinta ficha para recoller a información máis doadamente:
A continuación tedes imaxes de prdutos alimenticios etiquetados. Hai varias de cada produto para poder recoller a información relevante de cada un. Por equipos, escollede 4 produtos diferentes e analizádeos segundo a ficha anterior. Cando rematedes, contestade as seguintes preguntas:
- Todas as etiquetas inclúen a información dun xeito completo?
- Credes que hai certa información que está máis tapada?
- Todas son doadamente interpretables ou non?
- Credes que é interesante que inclúa a información nutricional? Por que?
- Hai algunha información que non sinale na ficha que vos parecera interesante? Cal? Por que?
Galería de produtos alimenticios etiquetados
Aceite de oliva virxe extra, Pons (1)
Aceite de oliva virxe extra, Pons (2)
Café moído mestura, Hacendado (1)
Café moído mestura, Hacendado (2)
Cereais de almorzo, Lion (1)
Cereais de almorzo, Lion (2)
Leite de soia, Alpro (1)
Leite de soia, Alpro (2)
Bonito do norte en conserva, Consorcio (1)
Bonito do norte en conserva, Consorcio (2)
Bonito do norte en conserva, Consorcio (3)
Bonito do norte en conserva, Consorcio (4)
Refresco de cola, Coca-Cola Zero (1)
Refresco de cola, Coca-Cola Zero (2)
Cacao en po, Cola Cao (1)
Cacao en po, Cola Cao (2)
Cacao en po, Cola Cao (3)
Garavanzos cocidos, Hacendado (1)
Garavanzos cocidos, Hacendado (2)
Garavanzos cocidos, Hacendado (3)
Leite en po de continuación, Sanutri (1)
Leite en po de continuación, Sanutri (2)
Leite en po de continuación, Sanutri (3)
Marmelada de albaricoque, Int-Salim (1)
Marmelada de albaricoque, Int-Salim (2)
Marmelada de albaricoque, Int-Salim (3)
Pan torrado, Recondo (1)
Pan torrado, Recondo (2)
Pan torrado, Recondo (3)
Melocotóns en conserva, Harvin (1)
Melocotóns en conserva, Harvin (2)
Melocotóns en conserva, Harvin (3)
Puré de froitas, Hacendado (1)
Puré de froitas, Hacendado (2)
Queixo en porcións, Kiri (1)
Queixo en porcións, Kiri (2)
Queixo en porcións, Kiri (3)
Salchichas con queixo, Hacendado
Salchichas estilo Bratwurst, Hacendado (1)
Salchichas estilo Bratwurst, Hacendado (2)
Triángulos de millo, Hacendado (1)
Triángulos de millo, Hacendado (2)
Olivas recheas de anchoa, Hacendado (1)
Olivas recheas de anchoa, Hacendado (2)
Os Superalimentos!
Pero non todo vai ser malo! De todos os produtos que podemos comer, a gran maioría son incribles. Para facelos interesantes ao público xeral, acuñouse a etiqueta “superalimento”. O prefixo “super-” funciona moi ben; calquera palabra que o leve diante pasa a unha categoría superior. Fixádevos:
Miña nai mercou un coche/Miña nai mercou un supercoche
Meteu canastra despois dunha xogada/Meteu canastra despois dunha superxogada
Onte vin unha película/Onte vin unha superpelícula
Así é, o coche, a xogada e a película son os mesmos que o supercoche, a superxogada e a superpelícula, pero a nós parécennos moito mellores os segundos.
O mesmo sucede cos “superalimentos”: sempre estiveron aí pero nos últimos tempos considérase que son mellores do que se pensaba e para chamar a atención sobre eles engadíuselles o prefixo “súper-”
Pero, por que un “superalimento” o é?
- Comentade estas posibles respostas e dade vós outras alternativas:
- Porque sabe súper ben?
- Porque farta moitísimo?
- Porque é moi saudable?
- Porque se pode comer de moitísimas maneiras?
- Outros moitivos.
Non esquezades razoar as respostas.
Como seguramente ben pensastes, os “superalimentos” son todos aqueles que, consumidos con moderación, nos axudan a estar saudables. De todos eles hai moitos que xa coñecedes (a meirande parte) e algúns outros que non tivestes a oportunidade de probar... aínda.
Na seguinte imaxe, extraída da revista Chicote. La revista del buen rollo, dedicado aos superalimentos, falta certa información, o único que conservamos son algunhas fotos e os nomes dalgúns alimentos. É un documento en PDF sobre o que podedes escribir. Para isto, descargade o arquivo clicando no seu nome e abrídeo cun visor de arquivos PDF.
- Por grupos, debedes recuperar a información relativa a cada un deses alimentos. Hai quince distribuídos en cinco grupos por cores. Escollede unha cor e tentade ofrecer a seguinte información que se vos pide máis abaixo.
Descargar ficha "Superalimentos"
Información que debedes atopar:
- Orixe do alimento.
- Pequena descrición externa.
- Como se elabora? (de ser o caso)
- Propiedades culinarias.
- Propiedades saudables.
- Suxestións para o seu consumo, pratos que se poden facer con el...
- De ser o caso, cousas que se crían del que agora se sabe que non son certas.
- A extensión máxima é media cara dun folio mecanografada.
Debedes lembrar que o que tedes que facer é elaborar información e non copiala e pegala. Para facer isto cómpre:
- Buscar en diferentes fontes.
- Ler a información que se atopa.
- Seleccionar aquela que sexa máis interesante para o traballo que se vos pide.
- Reelaborar esa información:
- Fundindo diferentes fontes.
- Cambiando a redacción.
- Secuenciando os contidos.
O resultado final será un texto que lles sirva aos vosos compañeiros e compañeiras para saber algo máis dun alimento concreto, nin máis nin menos. Asegurádevos de que conseguides este efecto antes de dar por rematado o traballo.
Cando rematedes podedes visualizar o documento orixinal coa información que foi suprimida premendo na seguinte imaxe. Cal está mellor, a vosa ou a orixinal da revista?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0
