Avaliación final
Unha vez rematado o proxecto, chega o momento de facer un análisis global das aprendizaxes adquiridas e daquelo que precisamos mellorar en traballos similares.
A fase final do proxecto consistiu na creación colectiva dun libro de cociña, pero para chegar a ela foron necesarias unha fase de investigación e outra de desenvolvemento cunha serie de tarefas intermedias que tamén debemos ter en conta na avaliación final.
Para avaliar o noso traballo utilizaremos unha serie de rúbricas centradas nos aspectos máis relevantes á hora de desenvolver tanto a tarefa final como as intermedias: a procura de información e manexo da rede, o texto instructivo e o traballo en equipo.
Así mesmo, o profesor tamén poderá valorar o traballo realizado a través da rúbrica de xestión do recurso. A continuación, podemos descargar todas as rúbricas implicadas na avaliación do produto final nunha versión en galego e outra en castelán:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0