Saltar navegación

Guía didáctica

INTRODUCIÓN

Proxecto CHEF! é un recurso dixital educativo dirixido ao alumnado de 1º curso da ESO, aínda que tamén é posible adaptalo a 2º de ESO, con algunhas modificacións.

Trátase dunha secuencia didáctica baseada no mundo da gastronomía, orientada a desenvolver todas as capacidades relacionadas coa lingua: escoitar, falar, ler e escribir. Por tanto, as materias encargadas de desenvolver o recurso son, principalmente, as de Lingua Castelá e Literatura e Lingua e Literatura galegas, e, cun menor peso, Lingua Inglesa. Porén, Proxecto CHEF! busca a transversalidade de contidos, tocando de maneira tanxencial a meirande parte das materias do currículo dende Matemáticas até Ciencias Sociais, pasando por Bioloxía ou Educación Física.

Os materiais deseñados en Proxecto CHEF! tamén desenvolven contidos relacionados coas materias de libre configuración autonómica. En concreto, resulta un recurso de utilidade para a materia Promoción de estilos de vida saudables, dado que unha correcta alimentación é sinónimo de vida e de saúde. Pero tamén Investigación e tratamento da Información atopa cabida no Proxecto CHEF!, debido a que unha das metodoloxías máis empregadas nel é a procura de información e o seu posterior procesado segundo a finalidade que se persiga.

A lingua vehicular de Proxecto CHEF! é o galego, polo que os enunciados e introducións de todos os apartados están escritos neste idioma. Dentro de cada apartado aparecen actividades, tarefas e contidos teóricos en castelán, sen que haxa (a excepción da rúbricas de avaliación final) ningunha parte traducida dun idioma a outro.

O proceso de aprendizaxe organízase en torno a un proxecto cuxo obxectivo final é a creación colectiva dun libro de cociña. Para chegar a este punto final, o alumnado terá primeiro que ampliar os seus coñecementos de gastronomía e desenvolver as súas capacidades lingüísticas a través dunha serie de tarefas e actividades, individuais e en grupo, orientadas a tal fin.

A secuencia didáctica segue a estrutura dun libro de receitas de cociña tradicional: entrantes, primeiros pratos, segundos pratos e sobremesas. Tras a motivación inicial, facemos coincidir os tres últimos apartados co ciclo de I+D+I, segundo o obxectivo final que se persigue en cada un.

Avaliación

Na secuencia didáctica podemos atopar diferentes ferramentas de avaliación das aprendizaxes:

  1. Fichas de coñecementos previos.
  2. Fichas de recapitulación da información e coñecementos adquiridos.
  3. Actividades interactivas de carácter individual que servirán ao alumno de autoavaliación.
  4. Libros LIM integrados con actividades interactivas.
  5. Rúbricas de avaliación das tarefas ao final do proceso. En concreto:

Documentos e recursos

Dicionarios

Dicionario da Real Academia Galega

Dicionario da Real Academia Española

Dicionario WordReference

Dicionario de alimentación e restauración

Buscadores

Buscador de imaxes libres CCSearch

Textos

Texto del Lazarillo de Tormes

Texto del Quijote

Cuento de Caperucita Roja

Cuento de Hansel y Gretel

Cuento de Blancanieves y los siete enanitos

Cuento de El gato con botas

Noticia de El País

Texto del ABC

Artigo da wikipedia sobre o chocolate

Texto "Destinos gastronómicos"

Fichas de traballo e recapitulación

Cal é o teu prato favorito? Sabes cociñalo?

Melloramos a nosa procura por Internet

Modelo de procura de información

Cuestionario "Los retos de la alta cocina"

A dieta vexetariana e sen glute

Investigamos cociñas do mundo

Ficha de recapitulación: Cociñas do mundo

Guía e modelo "As miñas comidas"

Cuestionario 1 video glutamato_mon_1

Cuestionario 2 video glutamato_mon_2

Ficha 1 Como organizamos os equipos?

Ficha 2 Como eleximos a nosa proposta?

Ficha 3 Rexistramos o noso traballo

Calculamos o custo da receita

Verbos de uso frecuente en receitas de cociña

Cooking dessert

Actividade superalimentos (oculto)

Actividade superalimentos (solución)

Modelo libro de cociña verde. Galego

Modelo libro de cociña mostaza. Castelán

Modelo libro de cociña vermello. Inglés

Exemplo receita libro de cociña explicado

Exemplo receita libro de cociña

Vídeo descarga de modelos para as receitas

Vídeo descarga de LibreOffice

Vídeo manexo dos modelos das receitas

Páxinas web de consulta e procura de información

Lista de películas e documentais sobre cociña

Artigo de wikipedia sobre vexetarianismo

Información sobre tipos de vexetarianos

Ideas sobre vexetarianismo

Páxina web hazteveg.com

Unión vegetariana española

Definición de flexitariano

Páxina web de FACE (Federación de Asociaciones de Celíacos de España)

https://secocina.com/tecnicas/cantidades

http://comohacerpara.com/calcular-la-cantidad-de-comida-por-persona_1215c.html

http://cocinillas.elespanol.com/2015/04/calcular-las-raciones-para-muchos/

https://www.tudespensa.com/supermercado/

https://www.ulabox.com/

Obras de consulta

Manual práctico sobre pescados y mariscos frescos

Outros recursos

A busca de imaxes en Internet

Guía etiquetado

Outros créditos

Créditos das imaxes non referenciadas

Temporalización

A temporalización prevista para a realización do proxecto será de 24 sesións, que os profesores das diferentes materias implicadas dividirán a conveniencia.

Planificación aproximada das sesións adicadas a cada apartado:

  1. Entrantes + Primeiros pratos: 12 sesións
  2. Segundos pratos: 6 sesións
  3. Sobremesas: 6 sesións

O número de sesións é orientativo, posto que dependerá do ritmo de aprendizaxe do alumnado, así como das actividades novas que poidan xurdir ou daquelas que se supriman.

Aspectos curriculares

No documento detállanse os contidos, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe e competencias básicas do currículo que se desenvolven ao longo de Proxecto CHEF! Para todos eles tivéronse en conta as diferentes materias mencionadas na introdución.