Saltar navegación

Cociña vexetariana e sen glute

Coñecemos a cociña vexetariana

Seguramente escoitaras falar da cociña vexetariana como un tipo de cociña que se caracteriza por empregar alimentos de orixe vexetal, polo cal non se pode consumir ningunha clase de carne, sexa de aves, de mamíferos ou de peixes. Aínda que esta é a idea clave, o vexetarianismo é toda unha filosofía de vida para quen o practica. Neste apartado propoñémonos saber un pouco máis sobre o tema centrándonos nos seguintes puntos:

  • Definición de vexetarianismo.

  • Tipos de vexetarianos segundo os produtos que consomen.

  • Motivacións para facerse vexetariano.

  • Receitas vexetarianas.

Recursos

Nestas páxinas atoparedes información útil para resolver as actividades propostas a continuación:

Por que quero ser vexetariano?

Na ilustración podes ler en inglés algunhas razóns que levan as persoas a facerse vexetarianas ou veganas:

razons_veganos

Mittmac. Vegan en Pixabay (CC0)

Clasifica os argumentos para facerse vexetariano segundo o tipo de motivación que aparece no cadro despregable.

ARGUMENTO MOTIVACIÓN
En contra do maltrato animal e da súa explotación para producir bens de consumo.
A OMS recomenda un consumo mínimo de 400 g de vexetais cada día.
O sector gandeiro xera máis gases efecto invernadoiro que o transporte.
O xainismo promove o consumo de vexetais como práctica de non violencia cara aos seres vivos.
O consumo de froitas e verduras regula o colesterol e prevén enfermidades cardiovasculares.

Habilitar JavaScript

Vexetarianismo a debate

Imos debater a conveniencia das dietas vexetarianas para a saúde.

  • Dividiremos a clase en dous grupos que defendan posturas enfrontadas.
  • Para preparar os argumentos debemos ter en conta que non se discute se o consumo de froitas e verduras é saudable (que o é), senón se practicar unha dieta libre de carne e pescado permítenos obter todo tipo de nutrientes e vitaminas necesarios para o organismo.
  • Para abrir o debate os dous grupos terán que responder a esta pregunta segundo a idea que defenden:

Seguindo unha dieta vexetariana (sen consumir tampouco ovos nin leite) é posible suplir a carencia de:

  • CALCIO?

  • PROTEÍNAS?

  • FERRO?

  • VITAMINA B12?

Buscade información en internet acerca do tema, tratando de atopar argumentos a favor (que demostran que é posible), e en contra (que afirman que non o é).

Conclusións
Tras o debate propoñemos unha serie de cuestións que deberíamos ter aclarado:
  • Unha dieta vexetariana é saudable independente de que produtos se consuman e como se combinen?

  • Que papel teñen na comida vexetariana as legumes, os cereais e os froitos secos?

  • É imprescindible o consumo de carne e pescado para unha dieta equilibrada?

  • Que alimentos consumimos en exceso?: Carne? Pescado? Verduras? Froitas? Legumes?

  • E que pasa se non comemos ovos nin leite?

Tipos de vexetarianos

É habitual o uso das palabras “omnívoro” ou “carnívoro” con significado contrario a “vexetariano”. Porén, dentro do vexetarianismo hai múltiples tendencias que abranguen dietas onde só está “prohibido” comer carne a outras máis estritas nas que se suprime calquera alimento derivado dun animal.

Vexamos se es quen de relacionar os tipos de vexetarianismo coas súas características específicas.

Consome ovos e lácteos.

Consome ovos pero non leite nin produtos lácteos.

Consome leite e derivados pero non ovos.

Rexeita todo produto de orixe animal, non só para alimentarse, senón tamén para vestirse (non usan la nin prendas de coiro).

Consome vexetais crus ou non expostos a unha temperatura superior a 40ºC.

Mantén unha dieta vexetariana pero consome carne ou peixe de forma ocasional.

Habilitar JavaScript

Que prato podo comer?

Completa o cadro colocando si ou non segundo que prato pode comer cada tipo de vexetariano.

ovolácteo-vexetariano

ovo- vexetariano

lácteo-vexetariano

 vegano   

crudivegano

flexitariano

Tortilla de patacas

Coliflor con bechamel ao forno

Guacamole

Verduras salteadas con cuscús

Ensalada César

Xeado de framboesa

Flan

Habilitar JavaScript

Unha receita vexetariana

Le a seguinte receita, fíxate, está en castelán! Terás que facerlle algunhas modificacións: coloca os conectores textuais de xeito correcto. Escolle entre os que se che ofrecen pero lembra que hai tres que non tes que usar.

NOODLES CON VEGETALES

Noodles con vexetais
Creación propia. Noodles con vexetais (CC BY-NC-SA)

INGREDIENTES (Para 4 personas) 

1 cebolla

1 pimiento rojo pequeño

1 pimiento verde pequeño

1 calabacín

2 zanahorias

Brotes de soja (100 gramos aprox.)

Pimienta negra

Salsa de soja

Aceite oliva virgen extra

250 g. de noodles

PREPARACIÓN

, hay que preparar las verduras para cocinarlas, pelando la cebolla y las zanahorias y lavándolas con los pimientos y el calabacín bajo un chorro de agua fría (opcionalmente puede pelarse el calabacín, pero no es necesario si se lava bien la piel). se van cortando en juliana todas las verduras y se  van reservando  en un bol, donde se mezclarán con los brotes de soja.

, se pone a fuego vivo un wok o una sartén con un chorro de aceite. Para asegurarse de que toda la superficie del wok quede engrasada, se puede empapar con aceite un papel de cocina y aplicarlo sobre las paredes del wok. el aceite esté muy caliente, se echan todas las verduras reservadas, se revuelven con una cuchara de madera y se pone la tapa. esperar un par de minutos, se añade un chorro de salsa de soja y se vuelve a tapar. No es necesario añadir sal porque la salsa de soja ya contiene suficiente.

se pochan las verduras, se llena una cazuela con, aproximadamente, dos litros de agua con sal, se pone al fuego y, cuando comience a hervir, se retira. , se introducen los noodles en el agua caliente durante cuatro minutos. Pasado este tiempo, se escurren y se mezclan en el wok con las verduras con ayuda de una espátula o cuchara de madera.

, se añade a la mezcla un poco más de salsa de soja para evitar que quede muy seca y se sirve caliente en una fuente.

Habilitar JavaScript

Temos invitados!

Pregunta

Teñen boa pinta os noodles, non si? Pois ben, imaxina que vai vir un amigo teu de Irlanda e tes que lle explicar cales son os ingredientes que leva. É moi importante que o saiba porque non pode comer algúns alimentos debido a unha doenza estomacal.

Das seguines combinacións, escolle a correcta!

Respostas

Onion, peppers, courgette, carrot, bean sprouts, soya sauce, extra virgin olive oil, salt.

Garlic, onion, carrot, tomatoes, beans, lettuce, extra virgin olive oil.

Onion, peppers, courgette, carrot, bean sprouts, soya sauce, extra virgin olive oil, salt.

Garlic, peppers, meat, bean sprouts, soya sauce, extra virgin olive oil.

Retroalimentación

Agora en galego!

Ao convidado irlandés encantoulle a comida e comentouche que na súa terra tamén se fala o irlandés ou gaélico. Descubristes que tedes en común máis cousas das que criades, xa que en Galicia fálase o galego.

Na receita anterior traducida ao galego, enche os ocos coas palabras ou frases que faltan. Debes ter en conta que unha tradución non consiste na translación literal (palabra por palabra) dun idioma ao outro.

INGREDIENTES (Para 4 persoas)

                1 cebola

                1 pemento vermello pequeno

                1 pemento verde pequeno

                1

                2

                Brotes de (100 gramos aprox.)

                Pementa negra

                Salsa de

                Aceite oliva extra

                250 g. de noodles

PREPARACIÓN

Para comezar, debes preparar as verduras para as cociñar, a cebola e as cenorias e lavándoas cos pementos e a cabaciña debaixo da auga fría (opcionalmente pode estonarse a , mais non é preciso se se lava ben a ). Despois, vanse picando todas as verduras e vanse reservando nun bol, onde se cos brotes de .

De seguido, ponse un wok ou una a forte cun chorro de aceite. Para asegurármonos de que toda a superficie do wok fique engraxada, pódese empapar un papel de cociña con aceite e aplicalo sobre as paredes do recipiente. Cando o aceite estea moi quente, bótanse todas as verduras reservadas, reméxense cunha culler de madeira e pónselles o Despois dun par de minutos engádeselles un chorro de salsa de e vólvense tapar. Non precisa engadir sal porque a salsa de é moi .

Mentres se as verduras, énchese unha cazola con dous litros (aproximadamente) de auga con sal, ponse ao e, cando empece a ferver, retírase. A continuación, introdúcense os noodles na auga quente durante catro minutos. Pasado este tempo, e mestúranse no wok coas verduras coa axuda dunha espátula ou culler de madeira.

Para rematar, engádeselle á un pouco máis de salsa de para evitar que quede moi seca e sérvese quente nunha fonte.

Habilitar JavaScript

Alimentos prohibidos: a comida sen glute

Falando, falando, o teu amigo irlandés contouche que ten un pequeno problema coa alimentación: é celíaco. As persoas celíacas non poden comer algúns alimentos, en concreto os que conteñen glute, presente na meirande parte das fariñas que podemos consumir diariamente.

icono_sen_glute

Kurious. Gluten en Pixabay (CC0)

Investiguemos un pouco máis sobre o tema, con axuda da información que vén nesta páxina. Tratade, por grupos, de responder ás seguintes preguntas:

  • Que é o glute?
  • En que consiste a enfermidade celíaca? Cal é o seu tratamento?
  • Que alimentos conteñen glute de forma natural?
  • Cales son os cereais sen glute?
  • Que precaucións debemos ter para non contaminar os alimentos?
  • Como sabemos se un produto procesado é apto para celíacos?

Na seguinte actividade escolle os alimentos que poden comer as persoas celíacas indicando verdadeiro.

Pregunta 1

Pan de trigo

Pregunta 2

Tomates

Pregunta 3

Arroz

Pregunta 4

Cervexa

Pregunta 5

 Salsa de soia

Pregunta 6

Galletas

Pregunta 7

Tortilla de patacas

Pregunta 8

Cucurucho de limón

Pregunta 9

Sardiñas asadas

Ñam ñam! Recapitulamos!

Nas seguintes fichas podemos recompilar todas as actividades que traballamos en formato papel. Clicamos no título do arquivo, baixámolo e imprimímolo. Poderemos incluílo no noso material de clase.