Saltar navegación

Segundos pratos: Desenvolvemos

Expresámonos cociñando

Unha vez rematada a primeira parte de investigación sobre diferentes aspectos da gastronomía, contaremos con algunhas ideas interesantes para poñer en práctica os novos coñecementos de cociña adquiridos. Porén, antes de nada, cómpre desenvolver as nosas habilidades lingüísticas na expresión escrita e ampliar un anaco o vocabulario, para expresar con corrección e propiedade as nosas creacións culinarias.

libro

Como segundo prato do noso traballo, “degustaremos” os textos expositivos e instrutivos e as relacións léxico-semánticas das palabras do campo da gastronomía, así como algúns refráns e frases feitas de temática culinaria.