PRINCIPAL

Saltar navegación

3-5- Proposta de actividade oral

Frontón dialéctico

Simula co teu compañeiro/a unha conversa entre unha persoa positiva (que comezará cada frase ou argumento con "por sorte", "afortunadamente", "o bo é que" e inicios semellantes) e unha persoa pesimista ("porén", "non obstante", "Si, mais...", "o malo é que...", "por desgraza", "con todo, hai que ter en conta que...").

Exposición oral

Escolle un tema que che guste (a novela negra, os trens, a Antártida, os peixes de cores...); non importa o tema, con tal que sexa do teu gusto. Prepara unha pequena exposición para compartir esa afección cos teus compañeiros. Despois, perante os teus compañeiros e durante cinco minutos aproximadamente, falarás do tema escollido sen axudarte do texto escrito. Pon atención tamén ás exposicións dos teus compañeiros de cara á efectuar unha crítica construtiva colectiva.