PRINCIPAL

Saltar navegación

2-2-1- Comproba os teus coñecementos

Comproba os teus coñecementos 1

Loli, porfa, dáme a cousa esa que está enriba da mesa

Loli, porfa, dáme o chisme ese que está enriba da mesa

Que rexistro se caracteriza por empregar un léxico pouco preciso? O

Habilitar JavaScript

Comproba os teus coñecementos 2

Pregunta

Imaxina que traballas repoñendo máquinas expendedoras de refrescos. Debes colocar un aviso que indique que a máquina só funciona con moedas de un euro. Tendo en conta esta situación comunicativa, cal destes textos sería o adecuado?

Respostas

Por favor, inserte unicamente moedas de 1 euro.

Mételle 1 euro se queres unha lata.

Retroalimentación

Comproba os teus coñecementos 3

Pregunta

Como encabezarías unha carta dirixida ao alcalde da túa vila?

Respostas

Diríxome a ti para...

Diríxome a vostede para...

Retroalimentación

Pregunta

Como te dirixirías a unha persoa descoñecida nun ascensor?

Respostas

Vostede a que piso vai?

Ti a que piso vas?

Retroalimentación

Proposta de actividade oral

Pide a dúas persoas que che dean a receita dun dos seus pratos favoritos. Unha delas deberá ser de confianza: a túa nai, pai, amigo, etc. Outra deberá ser alguén a quen tratarás de vostede: o director/a, un veciño ou alguén a quen deberás tratar con respecto e formalidade. O exercicio levarase a cabo por parellas. Un pedirá adecuadamente a receita, pedirá as explicacións oportunas e tomará nota; o compañeiro observará as conversas e despois fará unha valoración delas (pronuncia, corrección gramatical, precisión léxica, linguaxe non verbal, interacción co interlocutor...).

Outras variantes posibles serían pedir que vos recomendasen un lugar para visitar, un libro, película...

Todo iso, por suposto, en galego!