Saltar navegación
Na seguinte situación comunicativa, indica en cal dos textos é adecuada a mensaxe no que respecta á relación emisor- receptor:
Un paciente falando co seu médico:
Opción 1
Boas, tío! Dóeme a barriga, mira ver se tes algo por aí que darme.
Opción 2
Bos días, doutor. Verá, é que me doe moito a barriga dende onte pola noite, ¿podería receitarme algo?
Incorrecto.
Na seguinte situación comunicativa, indica en cal dos textos a mensaxe é adecuada:
Presentador de televisión anunciando novas mortes na estrada:
Lamentamos informar da morte de tres persoas nun tráxico accidente preto de Vigo.
Morreron outras tres persoas en Vigo. Se seguimos así este ano batemos récord.
Evidentemente, neste contexto, a mensaxe debe ser o máis obxectiva posíbel.