PRINCIPAL

Saltar navegación

2-1- 2- As funcións da comunicación

 

De acordo coa intención do/s interlocutores establecemos a funcionalidade dos textos; deste xeito adoitamos falar de función expresiva, apelativa, informativa, metalingüística, fática e poética.

Función apelativa ou conativa. Recoñécese doadamente, pois dentro da mensaxe hai unha invitación do emisor para que o oínte faga algo.

Función emotiva ou expresiva. A mensaxe está centrada no emisor, por iso o enunciado está en primera persoa.

Función estética ou poética. Esta función está orientada a atraer a atención sobre a forma da mensaxe; ten un propósito estético. Non é exclusiva dos textos literarios.

Función fática ou de contacto. Esta función está orientada ao canal de comunicación entre o emisor e o receptor para garantir que funciona perfectamente. Emprégase para que os interlocutores se aseguren de que se está producindo o contacto; inicia (ola!, escóitote, dime), prolonga (naturalmente, OK, si...), interrompe (pero, verás...) ou finaliza unha conversa (vale, abur). Carece de contido informativo.

Función metalingüística. A atención céntrase no código da lingua.

Función referencial, representativa ou informativa. Esta función está centrada na mensaxe, relacionada co referente ou co contexto. É a máis común en textos informativos, científicos e periodísticos.

?

Cal é a función da comunicación da ilustración?

ou

Habilitar JavaScript

 

Asocia os seguintes textos con cadansúa función comunicativa (expresiva, apelativa, informativa, metalingüística, fática, poética).

diario íntimo:

discursos políticos:

libros de texto:

dicionario:

letras de cancións:

conversa telefónica:

Habilitar JavaScript

A función expresiva

Ao falarmos de función expresiva queremos dicir que utilizamos a linguaxe para a expresión de emocións. Mais observa: ás veces compartimos con outros interlocutores esas emocións e outras facémolo estando sós ou soas. Con ela liberamos tensión nerviosa e transmitimos sentimentos, sensacións, estados de ánimo, etc... Neses momentos adoitamos empregar palabras como: Miña madriña! Carai! Home! Bravo!  E onomatopeas como, por exemplo: Ai! Ou! Boh! Chist!...

Outras funcións

Cando nos cruzamos cos veciños na rúa, na escaleira, nun ascensor, adoitamos saudar ou manter breves conversas que, moitas veces, xiran sobre lugares comúns: o tempo, o fútbol, a saúde, etc. Na nosa cultura esta interacción indica amizade ou cortesía. O silencio interprétase como inimizade, alonxamento ou “falta de educación” e xeran unha situación incómoda. Boa parte das linguas teñen este tipo de expresións de interacción social, polo que parecen proceder dunha necesidade da natureza humana de expresar amizade ou pertenza á comunidade. Mais non todas as culturas empregan as mesmas fórmulas para ese cometido. En galego adoitamos empregar expresións como ola!, que tal?, bo día, todo ben? O uso da linguaxe non verbal tamén axuda a converter estes encontros en interaccións adecuadas.

Realizade o seguinte exercicio coas "palabras máxicas": por compañeiros, imaxínase unha situación na que se poidan empregar expresións do tipo: ola!, abur!, perdón, graciñas, desculpe, por favor, que mágoa! (a entrega dun paquete, un choque casual na rúa cunha persoa, etc.). Simúlase a dramatización pronunciando as verbas indicadas e sen facelo. Explicade despois as diferenzas entre ambas (cal preferimos, como nos fan sentir, por qué ...).

Observa

  • Na comunicación intervén tamén a linguaxe non verbal, a chamada linguaxe xestual na que pode intervir todo o noso corpo: as nosas olladas, os xestos faciais, os movementos que facemos coas mans, a posición do corpo que adoptamos, etc... Como vos foi a linguaxe non verbal do exercicio anterior?