PRINCIPAL

Saltar navegación

3-4- Mellora este texto

Estudo de caso

Imos utilizar este resumo do argumento da obra de teatro de Rafael Dieste A fiestra valdeira ) para facermos un exercicio de redacción. Imos tentar mellorar a resposta por partes. En primeiro lugar le o texto, cópiao aparte e identifica todo o que estimes que debe ser mellorado.

“Nesta obra pretendíase que a xente vise como era a Galicia nese momento. A obra trata dun señor que se fixo rico grazas ó seu antigo traballo que era ser mariñeiro. O señor un día chama a un pintor para que lle faga un cadro. Este faino a el mirando por unha fiestra onde estaban barcos. Á súa muller e á súa filla non lles gustaba ese fondo porque reflexaba o que eran antes e dáballes pobreza.

Os amigos deles quítanlle a fiestra e queda valdeira. O señor fica triste e ao ver isto a muller e a filla chaman os seus amigos para que volten pór a fiestra no cadro”.

Agora redacta unha nova versión de cada oración. Se fas trampa e miras a resposta modelo antes de faceres a túa, o exercicio non che servirá de nada.