3-1- Adecuación
É a correspondencia entre os elementos da comunicación (emisor, receptor, canle, código, mensaxe) e a situación comunicativa. É dicir, un texto é adecuado se se adapta á situación comunicativa.
Para que un texto sexa adecuado, debe ser:
Oportuno respecto á situación comunicativa (por exemplo, non é oportuno facer chistes nun funeral).
Apropiado en relación aos destinatarios (relación emisor-receptor: se hai familiaridade, distanciamento ou se se trata dunha relación institucional...). Non sería apropiado, por exemplo, chamar polo diminutivo a alguén a quen temos que tratar con respecto.
Aceptable en canto á precisión terminolóxica (por exemplo, non sería adecuado empregar linguaxe coloquial nunha conferencia).
Ademais destas características, debe ser correcto: gramaticalmente (no uso das normas ortográficas, regras de puntuación -nos textos escritos- e emprego correcto dos códigos non verbais -entoación, non falar atropeladamente, etc.) e na súa presentación (tipo de letra, marxes...).
Niveis de lingua
Características:
Nivel culto:
As características máis destacables son: empregar un código elaborado; ornamentar o texto con adxectivos; a pronuncia ou escrita é formal e está sumamente coidada. A sintaxe adoita ser complexa e aparece frecuentemente a voz pasiva. Os textos destacan pola riqueza léxica (vocabulario preciso, cultismos, estranxeirismos...). Na comunicación oral os conectores de procedencia mímica soen estar ausentes.
Nivel vulgar:
En xeral, prima a economía lingüística sobre a expresividade. É habitual a pobreza léxica ou a impropiedade (parónimos) así como a repetición de palabras; tamén poden aparecer vulgarismos e pronuncia descoidada (vacilacións no vocalismo átono, aférese, epéntese, harmonización, labialización, prótese,...). Predominan as oracións curtas, moitas veces inacabadas e desorganizadas. Os nexos e os conectores son escasos ou incorrectos. A miúdo susbtitúense na fala por conectores de procedencia mímica. O recurso ás frases feitas substitúe con frecuencia o discruso elabrado.
Rexistros lingüísticos
A variedade ou rexistro formal utilízase en xeral na escrita e en contextos orais formais. Presenta as seguintes características:
·Presenta un código elaborado (como sucede no nivel culto); unha sintaxe variada e organizada; riqueza e precisión léxica; os textos adecúanse á norma estándar. O tema adoita ser especializado. A intención da comunicación adoita ser impersoal e obxectiva. O nivel de formalidade é alto ou neutro.
Nesta variedade de lingua procúrase unha lingua expresiva, aínda que non resulte económico. É de uso minoritario; é o rexistro propio da administración, da ensinanza, dos medios de comunicación de masas…
A variedade ou rexistro informal representa aqueles actos de fala espontáneos que tratan temas cotiáns, con intención persoal ou subxectiva e cun nivel baixo de formalidade; é a lingua oral coloquial ou familiar. Entre as características lingüisticas deste rexistro podemos sinalar as seguintes:
