PRINCIPAL

Saltar navegación

3-3-1- Exercicios

Cohesión

Para abreviar, nunha mensaxe telegráfica elimínanse palabras, sobre todo conectores. Reelabora o seguinte texto telegráfico engadindo os conectores que lle faltan e despois compáraa coa que che ofrecemos como resposta modelo.
Lamento ausencia funeral teu irmán. Condolencias á viúva e fillos. Unha aperta.

Conectores

Do seguinte texto sobre a novela policíaca Cortalumes de Henning Mankell eliminamos algúns elementos imprescindibles para a cohesión e coherencia do texto. Engádellos ti como conveña:
localidade sueca de Ystad, home morre estrañas circunstancias portas caixeiro automático. Pouco despois, dúas rapazas asasinan salvaxemente taxista; detidas trasladadas comisaría, dúas sorprenden súa agresividade a indiferencia o crime cometeron. Ó día seguinte, problema suministro eléctrico deixa a escuras gran parte rexión; cando técnico acuda estación transformadora, fará descubrimento aterrador. Sen dúbida, inspector Wallander enfróntase un dos casos máis complexos carreira.

Habilitar JavaScript