PRINCIPAL

Saltar navegación

3-3-2- Exercicio de conectores

Actividade

Observa os conectores e os marcadores discursivos resaltados no seguinte texto e indica os valores que expresan.

 

Na miña opinión Fole ten razón, a televisión é, quizais, o maior progreso deste século. Antes de que aparecese, os medios de comunicación eran principalmente a prensa e a radio. Cada un ten as súas vantaxes e as súas desvantaxes. Os xornais e a prensa escrita en xeral teñen como punto forte que podes ler e reler unha e outra vez a noticia, pero, pola contra, sempre recibimos as noticias tarde (como mínimo un día, a menos que o xornal teña edición de tarde).

A radio ten de bo que é inmediata, pero tan só son palabras, non vemos a realidade. A televisión supera a estes dous medios de comunicación xa que é practicamente inmediata e ten son e imaxes.

Este aparato, se se lle dese un uso máis correcto do que se lle dá na nosa sociedade sería moito máis beneficioso para todos. Hoxe en día só vemos programas do corazón e anuncios de cousas que non necesitamos ou estereotipos ós que nunca chegaremos. A televisión necesita máis espazos culturais e menos anuncios.

 

Exercicio

Sitúa os seguintes valores dos conectores onde corresponda:

adición, concesión, dúbida, explicación, introdución, negación, oposición, progreso textual, recapitulación, remate do discurso, restrición.

Valores dos conectores:

Marcadores discursivos

: non

: na miña opinión

: e, máis

: Este aparato

: en resumo

: En resumo

: quizais

: menos

: pero, pola contra

: xa que

: a menos que



Habilitar JavaScript