PRINCIPAL

Saltar navegación

2-1- Con que intención nos comunicamos?

Con que intención nos comunicamos?

Basicamente, comunicámonos con tres intencións:

Para informar de algo, sen intentar cambialo ou modificalo. Para iso construímos textos que denominamos informativos. Un exemplo: a previsión meteorolóxica.

Para conseguir algo ou incitar ao interlocutor a realizar algunha acción. A ese tipo de textos podémolos denominar directivos. Un exemplo: un anuncio de lotería.

Para expresar o que se sente. Denominámolos textos expresivos. Un exemplo: unha declaración de amor.

A intención comunicativa. Informar, incitar ou expresar?

A túa amiga chámate para contarche como lle foi na festa do día anterior; faino coa intención de

Se che entran ganas de ir ver unha película despois de ver o seu interesante trailer é porque está feito coa intención de

Se teño unha cita no médico e non vou poder ir á clase as dúas últimas horas, dígollo de palabra ao titor ou escríbolle unha nota coa intención de

Se teus pais che deixan unha nota no frigo dicíndoche que non esquezas mercar o pan, fano coa intención de

Habilitar JavaScript

A intención nas oracións

En primeiro lugar, algo moi básico, é sabermos recoñecer a intención comunicativa que expresan as distintas modalidades oracionais. Así, segundo a actitude do emisor da mensaxe, as oracións poden ser:

Enunciativas (afirmativas ou negativas)

Interrogativas (directas totais- se a resposta requirida é si ou non-, ou directas parciais -se se pregunta por unha parte)

Dubitativas

Desiderativas

Imperativas ou exhortativas

Exclamativas

Queres comprobar os teus coñecementos?

Identifica nas seguintes oracións a actitude do emisor:

A avoa Xesusa está durmida

Reclutaron soldados para o exército?

Manda chover na Habana!

Que che saia ben o exame!

Vaime buscar o paraugas ao coche 

Habilitar JavaScript

Imaxina a seguinte escena:

Raquel e o seu fillo Xoel están convidados á casa duns amigos. Levan unha torta e outras lambetadas, mais as cousas non lles foron de todo ben na cociña, pois Xoel non sabía que o chocolate branco da lacena estaba reservado para a torta e papouno; cando súa nai foi botar man del, ulo?. Raquel sabe que xa van con retraso e está un pouco anoxada. Como non pode con todo, dálle a bandexa da torta de chocolate a Xoel, ben envolta en papel, para que a leve até o coche. Mentres pecha a porta, a nai dille:

-E se che parece, agora vas e dáslle a volta!

Cal é a intención de Raquel?

-Que Xoel teña conta da torta e non a estrague.

- Que Xoel poña a bandexa do revés.

A intención. Enunciado interrogativo

Indica o tipo de oración interrogativa de que se trata (directa ou indirecta):

O neno sabe ler? 

Que libros le?

Habilitar JavaScript