
TRONCOS DE PIRÁMIDE |
||
|
Un tronco de pirámide é o corpo comprendido entre a base da pirámide e un plano que corta a todas as arestas laterais. Os troncos de pirámide noméanse do mesmo xeito que as pirámides das que proceden. Así, falamos de troncos triángulares, cuadrangulares, pentagonais,… Se o plano secante é paralelo á base falamos de tronco de bases paralelas. | ||
|
Ademais do plano secante, os elementos que debemos coñecer dun tronco de pirámide son os seguintes: |
||
|
Radio da base maior (R): é a distancia do centro da base maior aos vértices da mesma. Radio da base menor (r): é a distancia do centro da base menor aos vértices da mesma. Lado da base maior (L): é o lado do polígono regular que forma a base maior. Lado da base menor (l): é o lado do polígono regular que forma a base menor. Apotema da base maior(aB): é a apotema do polígono regular que constitúe a base maior. Apotema da base menor(ab): é a apotema do polígono regular que constitúe a base menor. Altura do tronco( h): é adistancia entre as bases maior e menor. Apotema da pirámide(aL): é a altura dos trapecios que constitúen as caras laterais. Tamén se lle chama altura lateral. |
||