AS PIRÁMIDES

Unha pirámide é un poliedro que ten como base un polígono calquera e como caras laterais varios triángulos con vértice común chamado vértice da pirámide. Dependendo da forma da base falaremos de pirámides triangulares, cuadrangulares, pentagonais, …

Chamamos eixe da pirámide á recta que pasa polo vértice e polo centro da súa base. Segundo a posición do eixe clasificamos as pirámides en dous tipos:

Pirámides rectas: o eixe é perpendicular á base.

Pirámides oblicuas: o eixe no é perpendicular á base.

As pirámides rectas que teñen como base un polígono regular chámanse pirámides regualres.

Ademais do vértice e do eixe, debemos coñecer os seguintes elementos dunha pirámide

Radio da pirámide (r): é a distancia do centro aos vértices da base.

Lado da pirámide (l): é o lado do polígono regular que forma a base.

Apotema da base(a): é a apotema do polígono regular que constitúe a base.

Altura da pirámide( h): é adistancia entre o vértice e a base.

Apotema da pirámide(aL): é a altura dos triángulos que constitúen as caras laterais. Tamén se lle chama altura lateral.