CORPOS DE REVOLUCIÓN

Un sólido de revolución é aquel que se pode obter mediante o xiro dunha figura plana arredor dun eixe (directriz) contido no mesmo plano que a figura.

Do mesmo xeito dicimos que unha superficie de revolución é aquela que se pode obter mediante o xiro dunha curva plana (xeratriz) arredor dun eixe contido no mesmo plano que a curva.

Nesta unidade estudaranse catro corpos de revolución que son: o cilindro, o cono, o tronco de cono e a esfera.