VOLUME DO TRONCO DE PIRÁMIDE

Un tronco de pirámide non é máis que unha pirámide cortada por un plano paralelo á base. Polo tanto, o volume dun tronco de pirámide será o volume da pirámide grande menos o volume da pirámide pequena. É dicir,

Vtronco = Vpirámide grande - Vpirámide pequena

Posto que as dúas pirámide son semellantes, cúmprese que

razón =
hp/hG
=
ap/aG
=
ab/aB

sendo h as alturas respectivas e a as apotemas das pirámides e das súas correspondentes bases

Tendo en conta que o volume de dúas figuras semellantes varía co cubo da razón de semellanza cúmprese que

VPirámide pequena = (razón)3 . Vpirámide grande

 

o que simplifica bastante os cálculos.