INTRODUCIÓN A OS POLIEDROS

Un poliedro (en grego poli=moitos e edro=cara) é un corpo xeométrico limitado por polígonos.

Elementos dos poliedros:

Caras dun poliedro: son os polígonos que limitan o poliedro.

Arestas dun poliedro: son os lados que limitan cada cara.

Vértices dun poliedro: son os vértices de cada cara.

Nun poliedro sempre se cumpre o seguinte:

Cada dúas caras contiguas comparten unha aresta.

En cada vértice concorren tres ou máis caras.