
DESENVOLVEMENTO DUN TRONCO DE PIRÁMIDE RECTA |
|
|
Posto que unha pirámide era un corpo desenvolvible, un tronco de pirámide tamén o será. En particular, no caso dos troncos de pirámides regulares, este desenvolvemento é moi sinxelo posto que sempre estará formado por dous polígonos regulares (bases do tronco) e tantos trapecios iguais como lados teñan as bases. | |
|
Coñecer o desenvolvemento dun corpo pode resultar moi útil á hora da súa construción ou para o cálculo da súa superficie. |