
O Prisma |
|
|
Un prisma é un poliedro limitado por dous polígonos iguais e paralelos chamados bases e varios paralelogramos chamados caras laterais. Dependendo da forma das bases falaremos de prismas triangulares, cuadrangulares, pentagonais, … | |
|
Chamamos eixe do prisma á recta que pasa polos centros das dúas bases. Segundo a posición do eixe clasificamos os prismas en dous tipos: |
|
•Prismas rectos: o eixe é perpendicular ás bases. |
|
•Prismas oblicuos: o eixe no é perpendicular ás bases. |
|
|
Os prismas rectos que teñen como bases un polígono regular chámanse prismas regualres. Ademais do eixe, debemos coñecer os seguintes elementos dun prisma |
|
|
Altura do prisma( h): é adistancia entre as bases. Radio do prisma (r): é a distancia do centro aos vértices da base correspondente. Lado do prisma (l): é o lado do polígono regular que constitúen as bases. Apotema (a): É a apotema dos polígonos regulares que constitúen as bases. |
|