CONCEPTO DE VOLUME E UNIDADES |
O volume dun corpo é unha medida da cantidade de espacio que ocupa. A unidade fundamental no SMD é o metro cúbico (m3) que equivale ao espazo ocupado por un cubo de 1 m de aresta. |
Igual que no caso da medida da lonxitude ou da superficie, para medir o volume, ás veces é necesario utilizar múltiplos e divisores da unidade fundamental. Tendo en conta que agora estamos medindo tres dimensións espaciais, cada unidade de volume será 1000 veces a unidade de orde inferior. |
Tamén se utiliza o litro(l) como unidade de volume. A equivalencia é 1 l = 1 dm3, é dicir, un litro é o que ocupa un cubo de 1 dm de aresta. |
Para referirnos ao volume contido no interior dun corpo soe empregarse o termo capacidade en lugar de volume aínda que se trata das mesmas magnitudes. |