POLIEDROS REGULARES

Un poliedro chámase regular se cumpre as seguintes condicións:

• As súas caras son polígonos regulares idénticos.

• En cada vértice do poliedro concorre o mesmo número de caras.

Só existen cinco poliedros que cumpran estas dúas condicións

• Tetraedro (4 caras): tres triángulos iguais en cada vértice.

• Octaedro (8 caras): catro triángulos iguais en cada vértice.

• Icosaedro (20 caras): cinco triángulos iguais en cada vértice.

• Cubo (6 caras): tres cadrados iguais en cada vértice.

• Dodecaedro (12 caras): tres pentágonos iguais en cada vértice.