DESENVOLVEMENTO DUN PRISMA RECTO |
|
|
Se nos fixamos detidamente na forma dun prisma podemos observar que é un corpo desenvolvible. En particular, no caso dos prismas regulares, este desenvolvemento é moi sinxelo posto que sempre estará formado por dous polígonos iguais (bases do prisma) e tantos rectángulos iguais como lados teñan as bases. | |
|
Coñecer o desenvolvemento dun corpo pode resultar moi útil á hora da súa construción ou para o cálculo da súa superficie. |