
DESENVOLVEMENTO DUNHA PIRÁMIDE RECTA |
|
|
Se nos fixamos detidamente na forma dunha pirámide podemos observar que é un corpo desenvolvible. En particular, no caso das pirámides regulares, este desenvolvemento é moi sinxelo posto que sempre estará formado por un polígono regular (base da pirámide) e tantos triángulos iguais como lados teña a base. | |
|
Coñecer o desenvolvemento dun corpo pode resultar moi útil á hora da súa construción ou para o cálculo da súa superficie. |