INTERPRETACIÓN XEOMÉTRICA DO TEOREMA DE PITÁGORAS

Posto que a área dun cadrado é o cadrado do seu lado, o teorema de Pitágoras establece unha relación entre as áreas dos cadrados construídos sobre os lados dun triángulo rectángulo. É dicir:
A área do cadrado construído sobre a hipotenusa é a suma das áreas dos cadrados construídos sobre os catetos.
Efectivamente, se chamamos Ah, Aa, e Ab ás áreas dos cadrados construídos sobre a hipotenusa e sobre cada un dos catetos respectivamente, obsérvase claramente que
Ah = Aa + Ab