SUPERFICIE DO CONO

A superficie dun cono é a suma das superficies da súa base e a súa superficie lateral. Agora ben, a superficie lateral dun cono é unha superficie de revolución obtida ao xirar un segmento (xeratriz) arredor dun eixe que contén a un dos extremos do segmento. A distancia do outro extremo ao eixe é precisamente o radio do cono.

Así temos que

Acono = Abase + Alateral

A base dun cono é un círculo polo que a súa área será Abase = π r2 sendo r o radio do cono.

Se desenvolvemos a superficie lateral dun cono, podemos observar que é equivalente a dun sector circular de lonxitude a lonxitude da circunferencia da base e de radio a xeratriz do cono.

Como sabemos, a área dun sector circular é Asec =
L.R/2
sendo L a lonxitude do arco e R o seu radio
Entón,

E por tanto, Acono = π r2 + π r g ou o que é o mesmo  Acono = π r (r + g)