SUPERFICIE DO CILINDRO

A superficie dun cilindro é a suma das superficies das súas bases máis a superficie lateral. Agora ben, a superficie lateral dun cilindro é unha superficie de revolución que se obtén ao xirar un segmento (altura do cilindro) arredor dun eixe contido no mesmo plano. A distancia entre o segmento e o eixe de xiro é precisamente o radio do cilindro.

Así temos que

Acilindro = 2.Abase + Alateral

As bases dun cilindro son círculos polo que a súa área será Abase = π r2 sendo r o radio do cilindro.

Se desenvolvemos a superficie lateral dun cilindro, podemos observar que é equivalente a dun rectángulo de altura a altura do cilindro e de base a lonxitude da circunferencia de radio o radio do cilindro. É dicir,

Alateral = 2 π r h sendo h a altura do cilindro


Polo tanto,

Acilindro = 2 π r2 + 2 π r h ou o que é o mesmo

 Acilindro = 2 π r (r + h)