4. Actividades complementarias
S18. Cantos anos tardarán 960 euros ao 5 % de xuro simple en producir 126 euros?
S19. Se 900 euros en tres anos se converteron en 1 200 euros, cal era o xuro simple ao que estaban colocados?
S20. Que capital inicial se converterá en 558 euros en seis anos, prestado ao 4 %?
S21. Calcule o valor das cotas dun crédito de 6 000 euros a un TAE de 10,10 % en 5 anos, con 12 cotas ao ano.
S22. Canto devolverá ao banco por un préstamo de 14 000 euros ao 5,5 % durante sete anos?
S23. A porcentaxe de homes nun pobo é do 25 %. Calcule o numero de homes se o total de habitantes é de 1000. E se é de 3 500?
S24. Se vemos un anuncio de rebaixas do 20 %, e o prezo do produto é de 1 400 euros, canto pagaremos?
S25. Se me fan un desconto do 12 %, canto me descontaran por un pantalón de 45 euros?
S26. O prezo dunha viaxe é de 650 euros, Se o incremento por coller habitación individual é do 8 %, canto custará finalmente a viaxe?
S27. Sabemos que 75 de cada 250 enquisas son falsas, que porcentaxe representa do total?
S28. A taxa do 0,7 % en axuda ao desenvolvemento é unha meta para todos os países do contorno. Busque a que se refire ese 0,7 % e canto supón para España.
S29. Escriba aproximacións por exceso e por defecto do número 4,2345 cando se elixen dúas cifras decimais.
S30. Os intervalos están determinados por dous números que se chaman extremos; nel atópanse todos os números reais comprendidos entre ambos os dous e tamén poden estar os extremos. Chamarémolos pechados, se conteñen os extremos e abertos en caso contrario. Represénteos na recta real.
- (2,7) intervalo aberto.
S31. Queremos construír un depósito de forma cúbica que debe ter unha capacidade de 5 000 litros, canto debe medir o lado?
S32. Que diferenza hai ente a expresión decimal dun numero racional e un irracional?
S33. Calcule:
S34. Opere:
| |
S35. Supoñamos que unha determinada planta acuática duplica a súa área cada día. Se o primeiro día ocupa unha superficie de 1 cm2, canto ocupará nun mes?
S36. A función exponencial , está definida para todos os valores reais. Constrúa unha táboa para cinco valores de x e represéntea graficamente.
S37. Un computador depréciase de forma gradual e constante a razón dun 25 % anual. Se hoxe mercamos un computador por 1 200 euros:
- Cal será o seu valor dentro de tres anos?
- Cal será o seu valor en seis meses?
S38. Busque información sobre a cantidade de residuos urbanos do seu lugar de residencia, cantidade de lixo, onde se traslada, como se transforma, para realizar un traballo individual.
S39. Como podemos colaborar para un desenvolvemento sustentable? Investigue o que é a Axenda 21; comprobe se no seu concello colabora con este proxecto.
S40. Despois da lectura do artigo seguinte, elabore unha listaxe de accións que pode realizar unha persoa para ser unha consumidora responsable.
|
Os cidadás teñen ao seu alcance unha ferramenta fundamental de cambio social: o consumo. Igual que como votantes acudimos ás urnas para elixirmos representantes, tamén como consumidores e aforradores temos a oportunidade de utilizar o criterio de decisión de acordo coas conviccións propias e promover, a través de patróns de compra e investimento, a construción dun desenvolvemento sustentable. As manifestacións da crise social e ambiental en todo o planeta son cada vez máis visibles: todos os días vemos exemplos próximos ou nos medios de comunicación do inxusto reparto da riqueza e o conseguinte aumento da pobreza ou dos efectos que o actual desenvolvemento insustentable ten para a natureza. Serían innumerables os exemplos, desde os fenómenos migratorios ata a deforestación ou a desertización, pasando pola explotación laboral, o cambio climático ou o efecto invernadoiro. Consonte a Declaración Oficial de Nacións Unidas con motivo do Cumio da Terra de 2002, unha das principais causas de que continúe deteriorándose o medio mundial son as modalidades insustentables de consumo e produción, nomeadamente nos países industrializados. Neste sentido, as Nacións Unidas fan un chamamento a revisar estes modelos insustentables, recorrendo a modelos de consumo responsable |
|
Informe de FACUA Andalucía |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0